EU, PEL

EU, PEL

Autor: GONZÁLEZ COSTA, TERESA

Sección: INFANTIL Y JUVENIL - A partir de 13 años

EU, PEL

EU, PEL

12,95€ IVA INCLUIDO

Editorial:
XERAIS - ANAYA
Publicación:
14/09/2012
Colección:
INFANTIL E XUVENIL - FÓRA DE XOGO
Ver ficha completa

NO DISPONIBLE

Sinopsis

Aquel rapaz ao que lle puxeron un nome que ninguén pronunciaba nunca, fíxose chamar a si mesmo Innominable. Era fillo dun farmacéutico brillante e dunha fermosa aristócrata da illa Meridiana, mais o mozo tiña unha misteriosa lesión. Desde moi pequeno, comezou a poñer máscaras e a experimentar arreo no laboratorio do castelo para atopar un remedio científico que reparase o …

Aquel rapaz ao que lle puxeron un nome que ninguén pronunciaba nunca, fíxose chamar a si mesmo Innominable. Era fillo dun farmacéutico brillante e dunha fermosa aristócrata da illa Meridiana, mais o mozo tiña unha misteriosa lesión. Desde moi pequeno, comezou a poñer máscaras e a experimentar arreo no laboratorio do castelo para atopar un remedio científico que reparase o seu mal. Ao mesmo tempo, no centro da cidade, o taller de pintura de Leopoldo Galean irradiaba luz a cada recanto da illa. Será nese taller onde unha rapaza chamada Niki revelará os seus insólitos dotes artísticos. Certo día o Gran Teatro encárgalle a Niki un decorado baseado na lenda de San Xurxo e o dragón, mais pouco despois a rapaza é internada na Residencia Periférica. O Innominable fíxose co goberno da Meridiana. Niki podería descubrir pronto as verdadeiras intencións daquel a quen moitos chaman Benfeitor.
Leer más

Más libros de GONZÁLEZ COSTA, TERESA

Más información del libro

EU, PEL

Editorial:
XERAIS - ANAYA
Fecha Publicación:
Formato:
Normal tapa blanda (libros)
ISBN:
978-84-9914-434-4
EAN:
9788499144344
Nº páginas:
280
Colección:
INFANTIL E XUVENIL - FÓRA DE XOGO
Lengua:
GALLEGO
Alto:
210 mm
Ancho:
130 mm
Sección:
INFANTIL Y JUVENIL
Sub-Sección:
A partir de 13 años
Teresa González Costa (O Grove, 1975) é licenciada en Filoloxía inglesa e italiana, con estudos de Teoría da Literatura e Literatura Comparada. Realizou en paralelo unha formación teatral, tanto en Galicia como en Italia e Francia, como actriz en diversas compañías, talleres de teatro, danza e voz. Como docente, impartiu cursos de teatro en centros de ensino, creando varias obras. Viviu dous anos e medio en Xenebra, onde realizou guións para un programa radiofónico, na sección de teatro, e asistiu a cursos de dramaturxia baseados na obra de Jean-Luc Lagarce. Nesa cidade participou nunha produción da Comédie de Genève, logo dun taller anual. É autora de pezas de teatro publicadas nas editoriais Fervenza e Laiovento. Despois de ser mención especial no certame Barriga Verde 2004, e finalista no Rafael Dieste 2005, acadou en 2008 o XVII Premio Álvaro Cunqueiro con ?Sempre quixen bailar un tango? (Xerais 2009) e o III Premio Manuel María de literatura dramática infantil con ?Pingueiras e tarteiras? (Xerais 2009). Como narradora infantil e xuvenil publicou as novelas: ?A filla do ladrón de bicicletas? (Xerais 2010), Premio Merlín de Literatura Infantil 2010 e Premio Frei Martín Sarmiento 2012 (Categoría 5º e 6º Primaria); ?Eu, pel? (Xerais 2012); ?Fred Quincalla, o nómade do mar? (Xerais, 2017) e ?A noite das bicicletas? (Xerais 2018). ?Os santos nunca dormen? (Xerais 2014) foi a súa primeira novela na colección Xerais Narrativa.

Otros libros en INFANTIL Y JUVENIL

También te pueden interesar