PINGUEIRAS E TARTEIRAS

PINGUEIRAS E TARTEIRAS

Autor: González Costa, Teresa

Sección: CLÁSICOS - CLÁSICOS GRAL

PINGUEIRAS E TARTEIRAS

PINGUEIRAS E TARTEIRAS

13,50€ IVA INCLUIDO

Editorial:
XERAIS - ANAYA
Publicación:
01/06/2009
Colección:
EDICIÓN LITERARIA - TEATRO - BIBLIOTECA DRAMÁTICA
Ver ficha completa

NO DISPONIBLE

Sinopsis

No Castelo Grisallo todo é gris: desde o maimiño da raíña Otilia ata a súa cunca de porcelana inglesa. E tamén chove moito. A Súa Maxestade xa está cansa de colocar tarteiras debaixo das pingueiras. Pero un día chegan pola porta os catro membros do Circo do Paraugas: Chapeu Torto, o director-capitán; Culleriña, a funambulista-tripulante; Pelo Teso, o mimo-tripulante e …

No Castelo Grisallo todo é gris: desde o maimiño da raíña Otilia ata a súa cunca de porcelana inglesa. E tamén chove moito. A Súa Maxestade xa está cansa de colocar tarteiras debaixo das pingueiras. Pero un día chegan pola porta os catro membros do Circo do Paraugas: Chapeu Torto, o director-capitán; Culleriña, a funambulista-tripulante; Pelo Teso, o mimo-tripulante e Zapatóns, o pallaso-tripulante. Na sala do Castelo Grisallo, onde todos os días eran iguais, os membros do Circo do Paragugas coas súas brincadeira e xogos rematarán co soberano aburrimento. Pouco a pouco os membros desta compañía de circo -que outrora fora esplendorosa- daranlle cor a tanta monotonía. E farán que a mesma choiva soe a música: a música das pingueiras nas tarteiras. Pingueiras e tarteiras de Teresa González Costa, a peza gañadora do IIIº Premio Manuel María de Literatura Dramática Infantil, foi definida no ditame do xurado como unha " apoloxía da ledicia e da fantasía que ofrece unha visión atípica e desmitificadora de personaxes arquetípicos?. Unha obra que recorre a xogos de palabras para contar como a chegada dunha compañía de circo cambia a vida gris dun castelo. Esta primeira edición de Xerais e AGADIC foi ilustrada por Rodrigo Chao.
Leer más

Más libros de González Costa, Teresa

Más información del libro

PINGUEIRAS E TARTEIRAS

Editorial:
XERAIS - ANAYA
Fecha Publicación:
Formato:
Normal tapa dura (libros)
ISBN:
978-84-9914-003-2
EAN:
9788499140032
Nº páginas:
80
Colección:
EDICIÓN LITERARIA - TEATRO - BIBLIOTECA DRAMÁTICA
Lengua:
GALLEGO
Alto:
228 mm
Ancho:
150 mm
Sección:
CLÁSICOS
Sub-Sección:
CLÁSICOS GRAL
Teresa González Costa (O Grove, 1975) é licenciada en Filoloxía inglesa e italiana, con estudos de Teoría da Literatura e Literatura Comparada. Realizou en paralelo unha formación teatral, tanto en Galicia como en Italia e Francia, como actriz en diversas compañías, talleres de teatro, danza e voz. Como docente, impartiu cursos de teatro en centros de ensino, creando varias obras. Viviu dous anos e medio en Xenebra, onde realizou guións para un programa radiofónico, na sección de teatro, e asistiu a cursos de dramaturxia baseados na obra de Jean-Luc Lagarce. Nesa cidade participou nunha produción da Comédie de Genève, logo dun taller anual. É autora de pezas de teatro publicadas nas editoriais Fervenza e Laiovento. Despois de ser mención especial no certame Barriga Verde 2004, e finalista no Rafael Dieste 2005, acadou en 2008 o XVII Premio Álvaro Cunqueiro con ?Sempre quixen bailar un tango? (Xerais 2009) e o III Premio Manuel María de literatura dramática infantil con ?Pingueiras e tarteiras? (Xerais 2009). Como narradora infantil e xuvenil publicou as novelas: ?A filla do ladrón de bicicletas? (Xerais 2010), Premio Merlín de Literatura Infantil 2010 e Premio Frei Martín Sarmiento 2012 (Categoría 5º e 6º Primaria); ?Eu, pel? (Xerais 2012); ?Fred Quincalla, o nómade do mar? (Xerais, 2017) e ?A noite das bicicletas? (Xerais 2018). ?Os santos nunca dormen? (Xerais 2014) foi a súa primeira novela na colección Xerais Narrativa.

Otros libros en CLÁSICOS