SEMPRE QUIXEN BAILAR UN TANGO

SEMPRE QUIXEN BAILAR UN TANGO

Autor: González Costa, Teresa

Sección: CLÁSICOS - CLÁSICOS GRAL

SEMPRE QUIXEN BAILAR UN TANGO

SEMPRE QUIXEN BAILAR UN TANGO

12,25€ IVA INCLUIDO

Editorial:
XERAIS - ANAYA
Publicación:
08/05/2009
Colección:
EDICIÓN LITERARIA - TEATRO - Biblioteca
Ver ficha completa

NO DISPONIBLE

Sinopsis

Manuel acolle a nova da súa morte, e de maneira serena considera as cousas que nunca vai poder facer, as palabras que non vai aprender, o tango que quedou sen bailar. Susana, a filla, e Luís, o xenro, móvense arredor del como caricaturas insensibles, preparados para o despegue social. María limpa o que lle mandan, sen facerse demasiadas preguntas porque …

Manuel acolle a nova da súa morte, e de maneira serena considera as cousas que nunca vai poder facer, as palabras que non vai aprender, o tango que quedou sen bailar. Susana, a filla, e Luís, o xenro, móvense arredor del como caricaturas insensibles, preparados para o despegue social. María limpa o que lle mandan, sen facerse demasiadas preguntas porque así doe menos. As palabras proferidas por Manuel apenas atopan interlocutor, a non ser en María, e as frases altisonantes dos autómatas mestúranse coas reverberacións dos neóns da rúa, que impiden ver as estrelas. Será tarde para fuxir desta nebulosa anestesiante? Tal e como fixo Héitor, o fillo que canta nun club, lonxe da insensibilidade. Sempre quixen bailar un tango de Teresa Costa González obtivo o XVIIº Premio Álvaro Cunqueiro de textos teatrais, outorgado por AGADIC. O xurado salientou desta peza a solidez da súa estrutura dramática, cualificándoa como unha obra " moi coidada " e " moi ben construída " , así como a súa intención de ridiculizar valores dominantes na sociedade actual como o afán de poder, a ambición, as aparencias, a superficialidade ou o materialismo, en contraste co " poder salvador dos soños "
Leer más

Más libros de González Costa, Teresa

Más información del libro

SEMPRE QUIXEN BAILAR UN TANGO

Editorial:
XERAIS - ANAYA
Fecha Publicación:
Formato:
Cambiar formato
ISBN:
978-84-9782-506-1
EAN:
9788497825061
Nº páginas:
88
Colección:
EDICIÓN LITERARIA - TEATRO - Biblioteca
Lengua:
GALLEGO
Alto:
21 mm
Ancho:
13 mm
Sección:
CLÁSICOS
Sub-Sección:
CLÁSICOS GRAL
Teresa González Costa (O Grove, 1975) é licenciada en Filoloxía inglesa e italiana, con estudos de Teoría da Literatura e Literatura Comparada. Realizou en paralelo unha formación teatral, tanto en Galicia como en Italia e Francia, como actriz en diversas compañías, talleres de teatro, danza e voz. Como docente, impartiu cursos de teatro en centros de ensino, creando varias obras. Viviu dous anos e medio en Xenebra, onde realizou guións para un programa radiofónico, na sección de teatro, e asistiu a cursos de dramaturxia baseados na obra de Jean-Luc Lagarce. Nesa cidade participou nunha produción da Comédie de Genève, logo dun taller anual. É autora de pezas de teatro publicadas nas editoriais Fervenza e Laiovento. Despois de ser mención especial no certame Barriga Verde 2004, e finalista no Rafael Dieste 2005, acadou en 2008 o XVII Premio Álvaro Cunqueiro con ?Sempre quixen bailar un tango? (Xerais 2009) e o III Premio Manuel María de literatura dramática infantil con ?Pingueiras e tarteiras? (Xerais 2009). Como narradora infantil e xuvenil publicou as novelas: ?A filla do ladrón de bicicletas? (Xerais 2010), Premio Merlín de Literatura Infantil 2010 e Premio Frei Martín Sarmiento 2012 (Categoría 5º e 6º Primaria); ?Eu, pel? (Xerais 2012); ?Fred Quincalla, o nómade do mar? (Xerais, 2017) e ?A noite das bicicletas? (Xerais 2018). ?Os santos nunca dormen? (Xerais 2014) foi a súa primeira novela na colección Xerais Narrativa.

Otros libros en CLÁSICOS