ELAS E O PARAUGAS TOTALIZADOR

ELAS E O PARAUGAS TOTALIZADOR

Autor: GONZALEZ FERNANDEZ, HELENA (AUTOR/A)

Sección: FILOLOGÍA - Literatura

ELAS E O PARAUGAS TOTALIZADOR

ELAS E O PARAUGAS TOTALIZADOR

20,95€ IVA INCLUIDO

Editorial:
XERAIS - ANAYA
Publicación:
07/09/2005
Colección:
OBRAS DE REFERENCIA. ENSAIO
Ver ficha completa

NO DISPONIBLE

Sinopsis

" Elas e o paraugas totalizador " é unha metáfora das tensións identitarias: os tirapuxas entre xénero e nación. Nun espléndido ensaio, tan clarificador como innovador, chamado a converse nun referente imprescindible para os estudos literarios galegos, a investigadora e crítica Helena González ofrécenos un percorrido pola literatura recente escrita por mulleres: as escritoras conformaron un espazo e unha linguaxe …

" Elas e o paraugas totalizador " é unha metáfora das tensións identitarias: os tirapuxas entre xénero e nación. Nun espléndido ensaio, tan clarificador como innovador, chamado a converse nun referente imprescindible para os estudos literarios galegos, a investigadora e crítica Helena González ofrécenos un percorrido pola literatura recente escrita por mulleres: as escritoras conformaron un espazo e unha linguaxe de seu que alterou por completo a literatura e significou unha enérxica irrupción no canon. A singularidade do caso galego serve de contrapunto, porque elas escriben desde a hiperconciencia, desde as marxes, para converteren as súas escritas en centrais, inevitables. Este ensaio ofrece análises novidosas para toda a crítica feminista en relación ao retos das escritoras identitariamente posicionadas e innovadoras, situándose nos estudos das identidades emerxentes.
Leer más

Más información del libro

ELAS E O PARAUGAS TOTALIZADOR

Editorial:
XERAIS - ANAYA
Fecha Publicación:
Formato:
Normal tapa blanda (libros)
ISBN:
978-84-9782-340-1
EAN:
9788497823401
Nº páginas:
264
Colección:
OBRAS DE REFERENCIA. ENSAIO
Lengua:
GALLEGO
Alto:
220 mm
Ancho:
147 mm
Sección:
FILOLOGÍA
Sub-Sección:
Literatura
Helena González Fernández (Vigo, 1967) é profesora titular de literatura galega na Universidade de Barcelona e investigadora do Centre Dona i Literatura; especializouse en poesía contemporánea e crítica literaria feminista. En 1999 defendeu a súa tese de doutoramento, ?Mulleres atravesadas por unha patria. Poesía galega de mulleres entre 1975 e 1997?. Entre os seus libros cómpre citar ?Luís Seoane: vida e obra? (1994), ?Unha lectura de Códice calixtino de Luz Pozo Garza? (Xerais, 1997) e a edición crítica de ?De catro a catro? (1998) de Manuel Antonio. Como antóloga preparou unha escolma da poesía de Rompente con Iris Cochón, ?Upalás? (Xerais, 1998), ?Rías de tinta? (1999) con Marta Segarra e Francesco Ardolino, e mais ?A tribo das baleas? (Xerais, 2001), unha antoloxía trilingüe da poesía galega dos anos 90. Entre os seus artigos máis recentes salientan as colaboracións en ?Escrita e mulleres. Doce ensaios arredor de Virginia Woolf? (2003), e mais na ?Breve historia feminista de la literatura española? (en lengua catalana, gallega y vasca). Vol. VI(2000) coordinado por Iris Zavala. Forma parte do equipo de redacción dos catro volumes do ?Diccionario da literatura galega? (1995-2004) dirixido por Dolores Vilavedra, e traduciu ao galego ?Capital da dor? de Paul Éluard, con Laurence Brault. Pertence ao consello de redacción do ?Anuario Grial de Estudos Literarios Galegos?, onde colabora desde 1992 cunha panorámica anual de poesía, e mais ?Lectora. Revista de Dones i Textualitat?. Na actualidade desenvolve o seu labor como crítica literaria en Grial.

Otros libros en FILOLOGÍA

También te pueden interesar