PEREGRINOS
Peregrinos
Autor: GONZALEZ VICENTE, MANUEL (AUTOR/A)
Sección: FOTOGRAFÍA - Fotógrafos y Albumes de Fotografía
PEREGRINOS

30,90€ IVA INCLUIDO
- Editorial:
- XERAIS - ANAYA
- Publicación:
- 08/07/1999
- Colección:
- GRANDES OBRAS. EDICIÓNS SINGULARES
- Ver ficha completa
NO DISPONIBLE
Sinopsis
Unha muller leva as mans á cara, coma se a dor das bochas dos pés lle tronzase a alma. Outra intenta avanzar en contra dunha intensa nevada. Un grupo de músicos peregrinos tocan improvisadamente nunha voda que atopan no camiño. Así é Peregrinos, de Manuel G. Vicente, un cálido, tenro, vivo e fermoso libro de fotografías sobre os peregrinos e …
Unha muller leva as mans á cara, coma se a dor das bochas dos pés lle tronzase a alma. Outra intenta avanzar en contra dunha intensa nevada. Un grupo de músicos peregrinos tocan improvisadamente nunha voda que atopan no camiño. Así é Peregrinos, de Manuel G. Vicente, un cálido, tenro, vivo e fermoso libro de fotografías sobre os peregrinos e sobre os habitantes do camiño.
Peregrinos é o froito de dez longos anos de traballo dun fotógrafo que retrata o camiño desde dentro porque durante todo ese tempo viviu no seu propio ventre, como camiñante que é, e como membro fundador da Asociación de Amigos do Camiño do Santiago. Son daquela, todas elas, fotografías sentidas, vitais, intensamente verdadeiras, realizadas ó longo do camiño entre 1989 e 1999. Por iso, Manuel G. Vicente nos ofrece este magnífico traballo fotográfico, esta selección, francamente conmovedora, de todo o que a súa cámara, xenialmente manexada, captou a través de tantas olladas, de tanta convivencia, e con tanta tenrura e mestría sobre todas esas persoas que un día (desde que o camiño aínda non estaba de moda ata hoxe) decidiron calzar as botas e lanzarse á aventura compostelá.
En Peregrinos está a paisaxe, a natureza omnipresente do itinerario, pero, sobre todo, están os sentimentos humanos reflectidos en todos e cada un dos rostros retratados: a dor, o sufrimento, a solidariedade, a alegría, o abatemento, a ilusión, a dureza, a xenerosidade, a entrega, a amizade. Valores todos eles que fan deste libro un retrato vivo e universal da alma das persoas. En tanto, desde o prólogo, José Antonio de la Riera, outro excelente coñecedor do Camiño de Santiago e tamén membro fundador da Asociación de Amigos escribe a letra emerxendo desde palabras divertidas, irónicas, reinterpretativas e ben cimentadas nun texto que ubica ó lector no punto exacto en que o camiño de Santiago se sitúa hoxe.
Leer más
Más libros de GONZALEZ VICENTE, MANUEL (AUTOR/A)
Más información del libro
PEREGRINOS
- Editorial:
- XERAIS - ANAYA
- Fecha Publicación:
- 08/07/1999
- Formato:
- Cambiar formato
- ISBN:
978-84-8302-373-0
- EAN:
9788483023730
- Nº páginas:
- 192
- Colección:
- GRANDES OBRAS. EDICIÓNS SINGULARES
- Lengua:
- GALLEGO
- Alto:
- 270 mm
- Ancho:
- 240 mm
- Sección:
- FOTOGRAFÍA
- Sub-Sección:
- Fotógrafos y Albumes de Fotografía
GONZALEZ VICENTE, MANUEL (AUTOR/A)
MANUEL G. VICENTE (Vigo, 1958) posúe unha longa traxectoria como fotógrafo profesional. En 1983 realizou a súa primeira exposición na Sá dos Peiraos de Vigo, e desde aquela exhibiu as súas fotografias en diferentes lugares: O neno e o xogo (1983, Concello de Vigo) 2ª Fotobienal (1986, Casa das Artes, Vigo) Hoxe mesmo (1987, Sá dos Peiraos, Vigo) 4ª Fotobienal (1990, Casa das Artes, Vigo) Exposición de arquitectura institucional (1990, Colexio de Arquitectos, Compostela) Estructuras, (1990, Vigo) Camiño de Santiago (1992, Pavillón de Galicia, Expo de Sevilla) O camiño portugués (1993, Itinerante) A ruta da Prata (1994, Itinerante) Camiño de Fisterra e Muxía (1996, Itinerante) Arquitectura industrial (Colexio de arquitectos de Vigo, 1996) e varias exposicións fotográficas sobre os refuxiados saharauís (1995, 1997 e 1998, Itinerantes). Entre os libros que ilustrou coas súas fotografias destacan Cruceiros, cruces e petos de ánimas (Concello de Vigo, 1989) Santiago de Compostela, con texto de Filgueira Valverde (Ir Indo, 1989) Baiona, con texto de Armesto Faginas (Ir Indo, 1991) Camiño de Santiago, con texto de Basilio Losada (Ir Indo, 1992) Guía do Camiño de Santiago, con texto de Elías Valiña (Galaxia, 1992) O camiño de Santiago con textos de Fco. Fernández del Riego e José Mª Díaz (Enor, 1993) Territorio ocupado, con texto de Fran Alonso (Xerais, 1998) Caminos de agua y piedra, con textos de varios autores (Enor, 1998) e Peregrinos (Xerais, 1999). Amais de colaborar puntualmente en diversos medios de comunicación, exerceu a docencia sobre fotografia para varios organismos públicos e entidades privadas. Habitualmente traballa para diferentes empresas de carácter industrial e publicitario así como para o mundo editorial.Otros libros en FOTOGRAFÍA
-
DISPONIBLE
Recogida en librería GRATIS
Envío a domicilio
COLUMNA
CELMA ALCOBER, SONIA30,00€ IVA INCLUIDO
-
DISPONIBLE
Recogida en librería GRATIS
Envío a domicilio
TODO LO QUE NECESITAS SABER PARA TOMAR FOTOGRAFÍAS PERFECTAS
FREEMAN, MICHAEL18,00€ IVA INCLUIDO
-
DISPONIBLE
Recogida en librería GRATIS
Envío a domicilio
ESPAÑA OCULTA
GARCIA RODERO, CRISTINA59,00€ IVA INCLUIDO
-
ÚLTIMOS EJEMPLARES
Recogida en librería GRATIS
Envío a domicilio
DIARIO DE UN FOTOGRAFO DE LA NATURALEZA
GOMEZ DE FRANCISCO, JOSE LUIS45,50€ IVA INCLUIDO