A evolución de Calpurnia Tate (Edic. anterior)

Autor: KELLY, JACQUELINE

Sección: NARRATIVA - Novela General

A evolución de Calpurnia Tate (Edic. anterior)

A evolución de Calpurnia Tate (Edic. anterior)

19,00€ IVA INCLUIDO

Editorial:
FAKTORIA K
Publicación:
02/05/2013
Colección:
Narrativa K
Ver ficha completa

NO DISPONIBLE

Sinopsis

Observar o mundo con curiosidade non era o que se agardaba dunha señorita de boas maneiras. Mais a Calpurnia interésanlle as teorías científicas de Darwin máis que conformarse coas limitacións dun destino predeterminado. No verán de 1899, a protagonista desta historia aprenderá a ser naturalista. Ilustración de cuberta de BETH WHITE «A evolución de Calpurnia Tate» conta a historia dunha …

Observar o mundo con curiosidade non era o que se agardaba dunha señorita de boas maneiras. Mais a Calpurnia interésanlle as teorías científicas de Darwin máis que conformarse coas limitacións dun destino predeterminado. No verán de 1899, a protagonista desta historia aprenderá a ser naturalista. Ilustración de cuberta de BETH WHITE «A evolución de Calpurnia Tate» conta a historia dunha nena de case 12 anos -a máis nova de sete irmáns- no seo dunha familia acomodada nunha pequena vila de Texas. Investigando nos libros da biblioteca e facendo ensaios nun pequeno laboratorio, achegarase á figura e aos descubrimentos revolucionarios de Charles Darwin. Trátase dunha novela xuvenil, extensible ao interese dos lectores adultos, polo que se axusta ao concepto actual de crossover. Transcorre no ano 1899, unha época na que as nenas eran educadas para seren señoritas de boas maneiras e desenvolverse unicamente no fogar: cociñar, coser e limpar a casa eran as principais obrigas das mulleres nunha sociedade na que, o máis ocioso que se lles reservaba, era tocar o piano e comportarse con rigorosa corrección. A inconformista Calpurnia rebélase contra ese destino predeterminado para buscar a súa propia identidade e formarse segundo as súas inquedanzas intelectuais e científicas: ir ao río, observar a natureza e recoller mostras que logo analizará coa axuda do seu avó librepensador, o único familiar que apoia a súa curiosidade polo mundo e que lle obsequia un exemplar de «A orixe das especies» e un caderno para que aprenda a aplicar o método científico ás súas observacións. A obra -que ten continuidade no volume titulado «O curioso mundo de Calpurnia Tate»- tamén aborda cuestións do ámbito familiar, en especial a relación da protagonista cos irmáns: o amor e o desengano, as trasnadas xuvenís e os pequenos conflitos da vida cotiá.
Leer más

Más libros de KELLY, JACQUELINE

Todos los libros de KELLY, JACQUELINE

Más información del libro

A evolución de Calpurnia Tate (Edic. anterior)

Editorial:
FAKTORIA K
Fecha Publicación:
Formato:
Normal tapa blanda (libros)
ISBN:
978-84-15250-45-6
EAN:
9788415250456
Nº páginas:
0
Colección:
Narrativa K
Lengua:
GALLEGO
Alto:
205 mm
Ancho:
135 mm
Sección:
NARRATIVA
Sub-Sección:
Novela General

Otros libros en NARRATIVA

También te pueden interesar