No país das vacas
NO PAÍS DAS VACAS
Autor: Lobato, Xurxo
Sección: FOTOGRAFÍA - Fotógrafos y Albumes de Fotografía
No país das vacas
22,95€ IVA INCLUIDO
- Editorial:
- XERAIS - ANAYA
- Publicación:
- 10/12/2009
- Colección:
- GRANDES OBRAS - EDICIÓNS SINGULARES
- Ver ficha completa
NO DISPONIBLE
Sinopsis
Dende hai séculos asóciase a imaxe da vaca a Galicia, pero pouco sabemos do mundo que se desenvolve arredor deste animal. Hoxe a vaca é a columna vertebral do medio rural en Galicia. As 450.000 vacas das 14.000 granxas producen 2,3 millóns de toneladas de leite por ano (o 32% da produción estatal), datos que fan de Galicia a primeira …
Dende hai séculos asóciase a imaxe da vaca a Galicia, pero pouco sabemos do mundo que se desenvolve arredor deste animal. Hoxe a vaca é a columna vertebral do medio rural en Galicia. As 450.000 vacas das 14.000 granxas producen 2,3 millóns de toneladas de leite por ano (o 32% da produción estatal), datos que fan de Galicia a primeira potencia leiteira española.
Este libro, No país das vacas do fotógrafo Xurxo Lobato, quere ser un tributo visual á vaca, explicar como vive, de que vive e quen vive dela. Pretende dar a coñecer visualmente a tecnoloxía aplicada nas granxas, a variedade de razas autóctonas, a industria láctea e da carne, a gastronomía ou presentar como as vacas son obxecto de estudo na universidade. Ademais, o libro pretende presentar as representacións iconográficas onde aparece a vaca, dende o baixorrelevo romano atopado en Becerreá ao cartel de Castelao na campaña a favor da Autonomía; dende as esculturas de Asorey ás cerámicas de Seoane e pinturas de Laxeiro, pasando polo seu protagonismo na literatura galega ou nos programas de televisión.
O libro inclúe, tamén, dous ensaios moi clarificadores e divulgativos, os do catedrático Lourenzo Fernández Prieto ( " Inventando a vaca: do reino das rubias ao reino das pintas " ), que aborda o aspecto histórico; e do xornalista Julián Rodríguez ( " Moita máis luz que sombras " ), que achega os datos económicos básicos sobre a actual situación do sector. Ademais, acompañando as fotos e aos ensaios, diversos testemuños escritos protagonizan a mirada plural de como ven a vaca representantes de sectores sociais moi distintos. Uns dende a complicidade de quen convive con elas e outros dende a nostalxia da súa nenez ou dende unha visión urbana.
Un libro fermoso e poliédrico que aspira a que os seus lectores e lectoras coñezan un pouco mellor o país das vacas, a súa importancia na sociedade galega, mesmo para chegar a converter a vaca nunha das iconas da nosa identidade do século XXI.
Leer más
Más libros de Lobato, Xurxo
Más información del libro
No país das vacas
- Editorial:
- XERAIS - ANAYA
- Fecha Publicación:
- 10/12/2009
- Formato:
- Normal tapa dura (libros)
- ISBN:
978-84-9782-696-9
- EAN:
9788497826969
- Nº páginas:
- 0
- Colección:
- GRANDES OBRAS - EDICIÓNS SINGULARES
- Lengua:
- GALLEGO
- Alto:
- 288 mm
- Ancho:
- 248 mm
- Sección:
- FOTOGRAFÍA
- Sub-Sección:
- Fotógrafos y Albumes de Fotografía
Lobato, Xurxo
Xurxo Lobato (A Coruña 1956) é un dos fotógrafos máis importantes da nosa historia. Licenciado en Historia Contemporánea, membro numerario da Real Academia Galega de Belas Artes, ten publicados medio cento de libros de fotografía e realizado numerosas exposicións individuais. En Xerais ten publicado: Couto Mixto. Unha república esquecida sobre textos de Luís García Mañá (Xerais 2005) e No país das vacas (Xerais 2009).Otros libros en FOTOGRAFÍA
-
DISPONIBLE
Recogida en librería GRATIS
Envío a domicilio
Logroño desde el cielo
Cardona Suárez, Axel24,90€ IVA INCLUIDO
-
DISPONIBLE
Recogida en librería GRATIS
Envío a domicilio
EL OJO DEL FOTÓGRAFO (2025)
Freeman, Michael24,90€ IVA INCLUIDO
-
DISPONIBLE
Recogida en librería GRATIS
Envío a domicilio
TODO LO QUE NECESITAS SABER PARA TOMAR FOTOGRAFÍAS PERFECTAS
FREEMAN, MICHAEL18,00€ IVA INCLUIDO
-
ÚLTIMOS EJEMPLARES
Recogida en librería GRATIS
Envío a domicilio
MANUAL DE FOTOGRAFÍA DE CALLE
GIBSON, DAVID19,90€ IVA INCLUIDO