ATL

ATL

Autor: Lourenzo González, Manuel

Sección: NARRATIVA - Novela General

ATL

ATL

24,00€ IVA INCLUIDO

Editorial:
XERAIS - ANAYA
Publicación:
13/06/2012
Colección:
EDICIÓN LITERARIA - NARRATIVA
Ver ficha completa

NO DISPONIBLE

Sinopsis

Atlántida, Atlantis, Atl. O continente perdido. Moito se ten falado desta terra lendaria sen que aínda hoxe se conseguise demostrar a súa existencia, mais tampouco a súa falsidade. Diríase que os humanos precisamos coma do aire de espazos que desafían o rigor da razón para situarmos neles as nosas arelas máis íntimas, as nosas imaxinacións, tamén as nosas perplexidades. Atl …

Atlántida, Atlantis, Atl. O continente perdido. Moito se ten falado desta terra lendaria sen que aínda hoxe se conseguise demostrar a súa existencia, mais tampouco a súa falsidade. Diríase que os humanos precisamos coma do aire de espazos que desafían o rigor da razón para situarmos neles as nosas arelas máis íntimas, as nosas imaxinacións, tamén as nosas perplexidades. Atl propón un novo achegamento ao asunto da Atlántida desde o eido da creación literaria, mais un achegamento iluminado coas luces converxentes da historia e o mito, a ciencia e a intuición, a crónica e a fábula. A través do retrato dunha sociedade posíbel, no que se lle outorga un forte protagonismo á política, ao desenvolvemento tecnolóxico, ao pensamento e ás rutinas da vida cotiá, e que vén ser unha proxección inevitábel do mundo coñecido, asistimos a un demorado relato de tensións e intrigas que artellan unha explicación non de todo inverosímil dos acontecementos que levaron ao seu tráxico final. Cun certo alento de fondo épico e unha vaga intención exemplarizante nunha novela clásica de acción, Atl aborda asemade unha revisión dos elementos máis comúns da ficción científica, dándolles un novo sentido e xuntándoos nunha mesma trama asombrosamente coherente. Situado nalgún mar do noso interior máis profundo e nun tempo que pode ser calquera, velaí Atl, o continente perdido, esa historia que sempre volve.
Leer más

Más libros de Lourenzo González, Manuel

Más información del libro

ATL

Editorial:
XERAIS - ANAYA
Fecha Publicación:
Formato:
Normal tapa dura (libros)
ISBN:
978-84-9914-381-1
EAN:
9788499143811
Nº páginas:
536
Colección:
EDICIÓN LITERARIA - NARRATIVA
Lengua:
GALLEGO
Alto:
230 mm
Ancho:
155 mm
Sección:
NARRATIVA
Sub-Sección:
Novela General
Manuel Lourenzo González (Vilaboa, Pontevedra, 1955) é licenciado en Pedagoxía e catedrático de Lingua Galega e Literatura. Como escritor, publicou os libros de relatos para adultos " Algúns outros " (1991); " Da esfinxe " (1992); " As paisaxes compartidas " (1996), Premio Carvalho Calero; " Noites de papel " (1997), Premio Café Dublín; " Infidelicidades " (2002), Premio Narrativas Quentes; e as novelas " Arqueofaxia " (Xerais 1995), Premio Manuel García Barros; " O xardín das pedras flotantes " (Xerais 2008), Premio Xerais de Novela; Atl (Xerais 2012), Premio Blanco Amor de Novela, e " Cegoñas ao fondo da ría " (2015). No ámbito da literatura xuvenil, é autor das novelas " No outono das fragas " (1995); " Tanis I o Mocos " (Xerais 1998); " O que é a vida " (Xerais 2001); " Estanislao, príncipe de Sofrovia " (Xerais 2002); " Irmán do vento " (Xerais 2003), Premio Merlín e Premio Frei Martín Sarmiento; " Ela atopa un nome " (2005); " Unha pantasma no colexio " (2006); " O día despois do día " (2007); " Mundo Arb " (2011), Premio O Barco de Vapor; " Flor de área " (Xerais 2013) e " Ceiba de Luz " (Xerais 2017), Premio Jules Verne de Literatura Xuvenil; algunhas das cales foron traducidas ao castelán. Como autor de libros infantís, publicou " Animais de compañía " (1998), seleccionado para o catálogo White Ravens 2000; " O patadón " (2001 Xerais); " Piñeco " (2004), e unha versión do clásico " A leiteira " (1999). No campo do teatro, é autor de " Auto do Entroido " (1995), Premio O Facho e " A música da noite " (2001), Premio Estornela. Ademais, ao longo destes anos participou en numerosos libros colectivos, como " Muralla de Cresconio 2 " , " Galicia Solidariedade " , " Premios Pedrón de Ouro 1990-1991 " , " Unha liña no ceo. 58 narradores galegos " , " Novo do trinque " , " Contos de chistes, portas e sorrisos " , " Educación e Paz III. Literatura galega pola paz " , " Limiaxinacións " , e en publicacións per

Otros libros en NARRATIVA

También te pueden interesar