O corvo sobre a neve

O corvo sobre a neve

Autor: Maceiras, Andrea

Sección: INFANTIL Y JUVENIL - A partir de 6 años

O corvo sobre a neve

O corvo sobre a neve

12,95€ IVA INCLUIDO

Editorial:
-
Publicación:
01/10/2025
Colección:
FORA DE XOGO
Ver ficha completa

NO DISPONIBLE

Sinopsis

Na Era Glacial, os Países Temperados pecharon as fronteiras aos emigrantes climáticos. A neve sepultou toda esperanza. E mentres os cidadáns lexítimos son controlados por asistentes persoais, os Parias do Frío son obrigados a tatuar a marca dun carrán ártico no fémur. Dryas e a súa familia viven afastados de todo. El sabe que os seus pais agochan un escuro …

Na Era Glacial, os Países Temperados pecharon as fronteiras aos emigrantes climáticos. A neve sepultou toda esperanza. E mentres os cidadáns lexítimos son controlados por asistentes persoais, os Parias do Frío son obrigados a tatuar a marca dun carrán ártico no fémur. Dryas e a súa familia viven afastados de todo. El sabe que os seus pais agochan un escuro segredo. Por iso, cando a nai e o irmán pequeno desaparecen sen deixar rastro, vese na obriga de fuxir xunto co pai ata o límite da Zona Vedada. A súa única guía será un Corvo creado coa chamada Tecnoloxía Eterna e sete libros antigos e obsoletos que detesta. O que Dryas non sabe é que alguén os busca na distancia. Nin que os segredos poden deixar cicatriz. Tampouco que, algunhas veces, a literatura é a única salvación posible.
Leer más

Más libros de Maceiras, Andrea

Todos los libros de Maceiras, Andrea

Más información del libro

O corvo sobre a neve

Editorial:
-
Fecha Publicación:
Formato:
Normal tapa blanda (libros)
ISBN:
978-84-1110-729-7
EAN:
9788411107297
Nº páginas:
224
Colección:
FORA DE XOGO
Lengua:
ESPAÑOL
Alto:
21 mm
Ancho:
13 mm
Sección:
INFANTIL Y JUVENIL
Sub-Sección:
A partir de 6 años
Andrea Maceiras (A Coruña, 1987) é licenciada en Filoloxía Galega, en Filoloxía Hispánica e tamén doutora pola UDC. Publicou a súa primeira novela, 'Proxecto Bolboreta' (Premio Micronovela do Concello de Soutomaior) no ano 2007. Desde entón leva doce obras publicadas, todas elas destinadas ao público infantil e xuvenil, e moitas delas recoñecidas con premios a nivel autonómico e nacional. En 2010 publica 'Violeta tamurana', Premio Meiga Moira, galardón que volve acadar con 'Miña querida Sherezade' no ano 2014. En 2013 sae á luz a súa novela 'Nubes de evolución', finalista do Premio Fundación Nova Caixa Galicia e Premio Fervenzas Literarias. Con 'Volverás, golfiño' queda finalista do Premio Merlín. En 2015 gañou o Premio Jules Verne por 'Europa Express' e en 2017 foi finalista do Premio Raíña Lupa por 'O que sei do silencio'. Con 'Conta nove estrelas', obra incluída na lista de honra da OEPLI en 2019, gañou o Premio Lazarillo 2018, así como o Premio Frei Martín Sarmiento. En 2020 gaña o Premio dos Clubs de Lectura da Consellería de Educación e obtén o Premio Merlín por 'A folla azul'. No ano 2021 faise co Premio Raíña Lupa por 'Que me pare o corazón se te esquezo' e, ao ano seguinte, gaña o XIX Premio Anaya coa novela 'Alma de elefante'. En 2023 gaña o XLI Concurso de Narrativa Infantil Vila d'Ibi coa novela «O enigma de Sempreviva» (Xerais, 2025). En 2025 volve gañar o Premio Jules Verne por 'O corvo sobre a neve' (Xerais, 2025).

Otros libros en INFANTIL Y JUVENIL

También te pueden interesar