VIGO POR MAGAR III
NOVAS INSTANTÁNEAS E RETRATOS DA VIDA VIGUESA (1960-2007)
Autor: MAGAR
Sección: FOTOGRAFÍA - Fotógrafos y Albumes de Fotografía
VIGO POR MAGAR III

36,50€ IVA INCLUIDO
- Editorial:
- XERAIS - ANAYA
- Publicación:
- 04/12/2007
- Colección:
- GRANDES OBRAS - EDICIÓNS SINGULARES
- Ver ficha completa
Sinopsis
Manuel García Castro «Magar» ofrece neste terceiro volume da súa serie «Vigo por Magar», iniciada en 2002, outras trescentas instantáneas, panorámicas e retratos que contribúen a enriquecer a reconstrución da historia viguesa das últimas catro décadas. Empregando as mellores posibilidades que ofrecen as ferramentas do fotoxornalismo, «Magar» ofrece unha viaxe emocionante, entrañable e comprometida polos avatares dunha cidade hiperdinámica que …
Manuel García Castro «Magar» ofrece neste terceiro volume da súa serie «Vigo por Magar», iniciada en 2002, outras trescentas instantáneas, panorámicas e retratos que contribúen a enriquecer a reconstrución da historia viguesa das últimas catro décadas. Empregando as mellores posibilidades que ofrecen as ferramentas do fotoxornalismo, «Magar» ofrece unha viaxe emocionante, entrañable e comprometida polos avatares dunha cidade hiperdinámica que durante este período remudou a súa fasquía e ampliou o seu perímetro converténdose no corazón da Galicia urbana contemporánea. Trescentos cartaces en branco e negro que densifican a memoria próxima de tres xeracións de vigueses e viguesas. No libro amósase o esforzo desta «cidade puro milagre», a dos obreiros nas factorías de Barreras e Citröen, a das pescantinas do Berbés, mais tamén a cidade que na rúa reclama os seus dereitos. Nin a presenza dunha longa galería de familias, alcaldes, concelleiros, empresarios, bancarios, comerciantes, xornalistas, médicos, empregados, escritores, músicos, escolares, taxistas, bombeiros, policías municipais, funcionarios, peñas de amigos ou de xentes de máis posibles. Nin se oculta a importancia do deporte nunha comunidade con vontade de cidade olímpica, sexan os fondistas do Celta, os regatistas de esnais e traíñas, os balonmanistas do Vulcano, os futbolistas modestos do Peñasco ou os derbis do Celta co Pontevedra. Este novo «Vigo por Magar III»provoca, como os dous libros anteriores, un recordo compartido que non é pasado nin peza de museo para nostálxicos saudosos. Un libro vivificador e vigorizante para activar a memoria propia ou familiar da cidade que ten a fortuna de ser homenaxeada pola cámara de Magar.
Leer más
Más información del libro
VIGO POR MAGAR III
- Editorial:
- XERAIS - ANAYA
- Fecha Publicación:
- 04/12/2007
- Formato:
- Normal tapa dura (libros)
- ISBN:
978-84-9782-688-4
- EAN:
9788497826884
- Nº páginas:
- 288
- Colección:
- GRANDES OBRAS - EDICIÓNS SINGULARES
- Lengua:
- GALLEGO
- Alto:
- 279 mm
- Ancho:
- 246 mm
- Sección:
- FOTOGRAFÍA
- Sub-Sección:
- Fotógrafos y Albumes de Fotografía
MAGAR
Manuel García Castro «Magar» (1935) é fotografo. Traballou en «Faro de Vigo» dende 1961 ata a súa xubilación en 2000. Posúe un dos máis valiosos arquivos fotográficos sobre a cidade de Vigo, durante as últimas catro décadas do século XX. Parte do seu traballo está publicado nos volumes «Vigo por Magar. 40 anos en branco en negro» (Xerais 2002), «Vigo por Magar II. Instantáneas e retratos da vida viguesa» (1960-2004) (Xerais 2004) e «Vigo por Magar III. Novas instantáneas e retratos da vida viguesa» (1960-2007) (Xerais 2007).Otros libros en FOTOGRAFÍA
-
DISPONIBLE
Recogida en librería GRATIS
Envío a domicilio
TODO LO QUE NECESITAS SABER PARA TOMAR FOTOGRAFÍAS PERFECTAS
FREEMAN, MICHAEL18,00€ IVA INCLUIDO
-
DISPONIBLE
Recogida en librería GRATIS
Envío a domicilio
ESPAÑA OCULTA
GARCIA RODERO, CRISTINA59,00€ IVA INCLUIDO
-
NO DISPONIBLE
CLOT, EL -CAMP DE LARPA COMERÇOS
TALLER DHISTORIA DEL CLOT-CAMP DE LARPA23,00€ IVA INCLUIDO
-
NO DISPONIBLE
SANT VICENÇ DELS HORTS DESAPAREGUT
CENTRE DESTUDIS LOCALS SANT VICENÇ DELS HORTS23,00€ IVA INCLUIDO