BRETAÑA, ESMERALDINA

BRETAÑA, ESMERALDINA

Autor: Méndez Ferrín, X. L.

Sección: NARRATIVA - Novela General

BRETAÑA, ESMERALDINA

BRETAÑA, ESMERALDINA

20,00€ IVA INCLUIDO

Editorial:
XERAIS - ANAYA
Publicación:
21/06/2007
Colección:
EDICIÓN LITERARIA - XERAIS CLÁSICOS
Ver ficha completa

NO DISPONIBLE

Sinopsis

Bretaña, Esmeraldina supón un dos maiores esforzos creativos de Xosé Luís Méndez Ferrín. O protagonista, Amaury, vive nunha cadea política na que se erguen tamén os muros da cadea psicolóxica e as reixas da cadea literaria. Debedora de Jack London, de Torrente Ballester ou de Cunqueiro a novela ten como un dos temas centrais a procura da identidade. Novela carceraria …

Bretaña, Esmeraldina supón un dos maiores esforzos creativos de Xosé Luís Méndez Ferrín. O protagonista, Amaury, vive nunha cadea política na que se erguen tamén os muros da cadea psicolóxica e as reixas da cadea literaria. Debedora de Jack London, de Torrente Ballester ou de Cunqueiro a novela ten como un dos temas centrais a procura da identidade. Novela carceraria con Tagen Ata e con Bretaña ao fondo, está resolta cunha complexa pero expresiva e brillante sistemática especular que non lle furta ao lector o galano dunha lingua senlleira, inimitable. Desde a perspectiva actual, Bretaña, Esmeraldina, inserida na estética da Nova Narrativa, concíbese unha potente espiral que flexiona todo o conxunto da obra do autor, moi á altura da circunstancia política de 1987, sen deixar de ser unha viaxe extraordinara e ás veces mesmo alucinante polas máis fermosas páxinas da literatura galega e da literatura universal. A presente edición foi preparada por Anxo Angueira, quen se ocupou da introdución e das notas.
Leer más

Más información del libro

BRETAÑA, ESMERALDINA

Editorial:
XERAIS - ANAYA
Fecha Publicación:
Formato:
Normal tapa blanda (libros)
ISBN:
978-84-9782-610-5
EAN:
9788497826105
Nº páginas:
0
Colección:
EDICIÓN LITERARIA - XERAIS CLÁSICOS
Lengua:
GALLEGO
Alto:
220 mm
Ancho:
146 mm
Sección:
NARRATIVA
Sub-Sección:
Novela General
X. L. Méndez Ferrín (Ourense, 1938) é unha figura cimeira da cultura galega contemporánea. O seu labor abrangue os ámbitos da narrativa, da crítica, da investigación, do pensamento e da acción política e social. Doutor en Filoloxía, obtivo premios como Celanova Casa dos Poetas (1985), Premio Trasalba (2001), Premio Irmandade do Libro ao Autor do Ano 2004 e Premio Nacional de Literatura (2008). A súa obra narrativa iniciouse hai cincuenta anos con Percival e outras historias (1958), e desde aquela publicou títulos tan emblemáticos como O crepúsculo e as formigas (1961), Arrabaldo do norte (1964), Retorno a Tagen Ata (1971), Elipsis e outras sombras (1974), Antón e os inocentes (1976), Crónica de nós (1980), Amor de Artur (1982), Bretaña, Esmeraldina (1987, 2007, Premio da Crítica Galicia), Arraianos (1991, Premio da Crítica Galicia, Premio da Crítica Española e Premio Losada Diéguez), ou No ventre do silencio (1999, Premio Eixo Atlántico, Premio da Crítica Española). A súa produción poética está composta por títulos como Voce na néboa (1957), Antoloxía Popular (1972), Sirventés pola destrucción de Occitania (1975), Con pólvora e magnolias (1977, Premio da Crítica), Poesía enteira de Heriberto Bens (1980); O fin dun canto (1982), Erótica (1992), Estirpe (1994, Premio Losada Diéguez), O outro (2002), Era na selva de Esm (2004) e Contra Maquieiro (2005). Para o público xuvenil publicou Arnoia, Arnoia (1986), que foi incluída na Lista de Honra do IBBY en 1988. É autor, ademais, do Consultorio dos nomes e dos apelidos galegos (2007) e dos ensaios Cancioneiro de Pero Meogo (1966) e De Pondal a Novoneyra (1984).

Otros libros en NARRATIVA

También te pueden interesar