CONTRA MAQUIEIRO

CONTRA MAQUIEIRO

Autor: MÉNDEZ FERRÍN, X. L.

Sección: POESÍA - POESÍA GRAL

CONTRA MAQUIEIRO

CONTRA MAQUIEIRO

13,35€ IVA INCLUIDO

Editorial:
XERAIS - ANAYA
Publicación:
15/12/2005
Colección:
EDICIÓN LITERARIA. POESÍA
Ver ficha completa

NO DISPONIBLE

Sinopsis

En Contra Maquieiro a voz poética de X. L. Méndez Ferrín retorna con toda a súa capacidade expresiva para levar a cabo unha revisión do século XX, desde a Guerra de Cuba até o seu esmorecemento, e érguese nunha bandeira contra o capitalismo, invocando a Razón e o valor para o verso. Desde 14th Street á Pena de Anamán, pasando …

En Contra Maquieiro a voz poética de X. L. Méndez Ferrín retorna con toda a súa capacidade expresiva para levar a cabo unha revisión do século XX, desde a Guerra de Cuba até o seu esmorecemento, e érguese nunha bandeira contra o capitalismo, invocando a Razón e o valor para o verso. Desde 14th Street á Pena de Anamán, pasando revista aos acontecementos dun século que entronizou a Maquieiro, o poemario estrutúrase en catro partes longas e fermosas:
Leer más

Más información del libro

CONTRA MAQUIEIRO

Editorial:
XERAIS - ANAYA
Fecha Publicación:
Formato:
Cambiar formato
ISBN:
978-84-9782-399-9
EAN:
9788497823999
Nº páginas:
80
Colección:
EDICIÓN LITERARIA. POESÍA
Lengua:
GALLEGO
Alto:
22 mm
Ancho:
15 mm
Sección:
POESÍA
Sub-Sección:
POESÍA GRAL
X. L. Méndez Ferrín (Ourense, 1938) é unha figura cimeira da cultura galega contemporánea. O seu labor abrangue os ámbitos da narrativa, da crítica, da investigación, do pensamento e da acción política e social. Doutor en Filoloxía, obtivo premios como Celanova Casa dos Poetas (1985), Premio Trasalba (2001), Premio Irmandade do Libro ao Autor do Ano 2004 e Premio Nacional de Literatura (2008). A súa obra narrativa iniciouse hai cincuenta anos con Percival e outras historias (1958), e desde aquela publicou títulos tan emblemáticos como O crepúsculo e as formigas (1961), Arrabaldo do norte (1964), Retorno a Tagen Ata (1971), Elipsis e outras sombras (1974), Antón e os inocentes (1976), Crónica de nós (1980), Amor de Artur (1982), Bretaña, Esmeraldina (1987, 2007, Premio da Crítica Galicia), Arraianos (1991, Premio da Crítica Galicia, Premio da Crítica Española e Premio Losada Diéguez), ou No ventre do silencio (1999, Premio Eixo Atlántico, Premio da Crítica Española). A súa produción poética está composta por títulos como Voce na néboa (1957), Antoloxía Popular (1972), Sirventés pola destrucción de Occitania (1975), Con pólvora e magnolias (1977, Premio da Crítica), Poesía enteira de Heriberto Bens (1980); O fin dun canto (1982), Erótica (1992), Estirpe (1994, Premio Losada Diéguez), O outro (2002), Era na selva de Esm (2004) e Contra Maquieiro (2005). Para o público xuvenil publicou Arnoia, Arnoia (1986), que foi incluída na Lista de Honra do IBBY en 1988. É autor, ademais, do Consultorio dos nomes e dos apelidos galegos (2007) e dos ensaios Cancioneiro de Pero Meogo (1966) e De Pondal a Novoneyra (1984).

Otros libros en POESÍA