A música das árbores

A MÚSICA DAS ÁRBORES

Autor: Moure, Anxo

Sección: INFANTIL Y JUVENIL - Libros ilustrados

A música das árbores

A música das árbores

18,50€ IVA INCLUIDO

Editorial:
XERAIS - ANAYA
Publicación:
08/10/2015
Colección:
INFANTIL E XUVENIL - PEQUENO MERLÍN - Albums
Ver ficha completa

NO DISPONIBLE

Sinopsis

«Graciano Zoqueiro, trasniño e gaiteiro, descubriu que as árbores facían música. Cando o vento move as pólas nace unha sinfonía, unha orquestración. Cando a chuvia cae nas follas soa un violín, unha gaita, unha zanfona, cada vez que unha treboada fai danzar os freixos ármase un espectáculo de ballet...» A música das árbores é un libro-disco que conxuga a narración, …

«Graciano Zoqueiro, trasniño e gaiteiro, descubriu que as árbores facían música. Cando o vento move as pólas nace unha sinfonía, unha orquestración. Cando a chuvia cae nas follas soa un violín, unha gaita, unha zanfona, cada vez que unha treboada fai danzar os freixos ármase un espectáculo de ballet...» A música das árbores é un libro-disco que conxuga a narración, a música e a poesía para falarnos da posibilidade dun mundo onde os seus habitantes vivan en harmonía coa natureza e onde os problemas se amañen facendo falar os corazóns.
Leer más

Más libros de Moure, Anxo

Más información del libro

A música das árbores

Editorial:
XERAIS - ANAYA
Fecha Publicación:
Formato:
Normal tapa dura (libros)
ISBN:
978-84-9914-917-2
EAN:
9788499149172
Nº páginas:
56
Colección:
INFANTIL E XUVENIL - PEQUENO MERLÍN - Albums
Lengua:
GALLEGO
Alto:
210 mm
Ancho:
185 mm
Sección:
INFANTIL Y JUVENIL
Sub-Sección:
Libros ilustrados
Estraño contacontos que se considera realmente un atrapador de contos, nacido o día dos santos inocentes do ano 1963. Coñecido como o Carballo con Botas e herdeiro da tradición do ?Barón Rampante? de Italo Calvino e do realismo máxico de Álvaro Cunqueiro, os seus contos xa están no maxín de varias xeracións de alumnas e alumnos de centros escolares de Galiza, Euskadi, Castela-A Mancha, O Bierzo, Portugal?, e mesmo na selva amazónica peruana de Iquitos. É o inventor da Ciclobiblioteca, a Titiricleta, o Paztinete, o Nubinete, a Barca dos Contos ou o Paraugas Dameaugas? aparellos cos que chega a bibliotecas, prazas, centros culturais ou escolas para contar os seus contos. Actualmente mora enriba dunha árbore no Eco Espazo Casa nas Árbores de Garabelos, onde traduce á linguaxe dos seres humanos o falar do vento coas árbores, o caer das pingas nas follas, o canto dos merliños, paporroibos e curuxas. As súas historias transfórmanse tamén en bicicletas para mestres e médicos de Latinoamérica, Asia e África dentro do proxecto Bicis pola Paz, e tamén en lapiseiros e material escolar para as nenas e nenos refuxiados dos campamentos de Tinduf, no deserto do Sahara, dentro do Proxecto Sahariza; así como en miles de árbores plantadas nos bosques galegos dentro do proxecto Plantabosques. Todo este traballo solidario se plasma no portal web www.contosolidarios.org A súa traxectoria foi recoñecida en numerosas ocasións: Premio de Educación Ambiental en Galicia 1990; Premio á Mellora da Calidade de Vida Agronatura 1991, Premio Laranxa do Colexio de Montefurado, Premio Osíxeno de Adega 2010. E moitas das súas historias foron publicadas en formato libro, como ?Plantarse?, ?Tío Teixo?, ?O paraugas dameaugas?, ?A xacia Luviñas?, ?O Carballo con Botas? ou ?Salgadiña, a estrela de Fisterra?. ?A música das árbores? (2015), en coautoría con Servando Barreiro, é a súa primeira obra en Xerais.

Otros libros en INFANTIL Y JUVENIL

También te pueden interesar