Moito conto

Autor: Páez Mañá, Enrique

Sección: INFANTIL Y JUVENIL - Libros ilustrados

Moito conto

Moito conto

15,00€ IVA INCLUIDO

Editorial:
OQO EDITORA
Publicación:
24/03/2014
Colección:
colección Q
Ver ficha completa

NO DISPONIBLE

Sinopsis

Bela durminte espertou. Un príncipe acababa de darlle un bico. Non se moveu nin abriu os ollos, a ver que pasaba. Entón oíu unha voz dun mozo que lle murmuraba: Queres casar comigo? Chegara o seu príncipe! Logo dun gran letargo, Bela esperta. Un príncipe bícaa e pídelle matrimonio! Con certo estupor, descobre que moito cambiaran as cousas nos contos: …

Bela durminte espertou. Un príncipe acababa de darlle un bico. Non se moveu nin abriu os ollos, a ver que pasaba. Entón oíu unha voz dun mozo que lle murmuraba: Queres casar comigo? Chegara o seu príncipe! Logo dun gran letargo, Bela esperta. Un príncipe bícaa e pídelle matrimonio! Con certo estupor, descobre que moito cambiaran as cousas nos contos: o seu príncipe, que resultou ser o Soldadiño de chumbo, axúdalle a poñerse ao día. Mediante a técnica narrativa do relato enmarcado, que consiste na inclusión dunha ou varias historias dentro da narración principal, Moito conto é unha especie de contedor que dá cabida a unha chea de personaxes que aparecen e desaparecen recreando, ao seu paso, novas aventuras. Como ben apunta o autor, o escritor Enrique Páez, trátase de "un libro tesouro, un libro almacén, un libro índice de contos e de soños. Pode dar lugar a xogos creativos de interrelación dos personaxes, millóns de universos posibles no mundo dos contos". Así, vemos como Hansel casou coa bailarina, o príncipe azul coa Sereíña, Cincenta e Carapuchiña viven en casa do leñador e teñen o lobo como mascota... Este recurso literario reforza o dinamismo do texto que destila ironía nos seus diálogos: Soldadiño de chumbo suxire a Bela que se dea unha ducha, xa que leva moitos anos a durmir, Gato con botas pídelle asilo porque o están a perseguir os corenta ladróns... Para render homenaxe a todos os que traballan en favor da literatura infantil e xuvenil, o autor brinda ao lector unha sorpresa no desenlace "que tende unha ponte necesaria entre a realidade e a fantasía". Atraída polo dobre sentido do título, a ilustradora francesa, Marjorie Pourchet, mergúllanos, nesta terceira colaboración con OQO, nun mundo de ficción onde os personaxes se converten en actores capaces de representar diferentes papeis. A estrutura do relato permítelle traballar os códigos do xénero e a procura de ambientación; así, para ela, "a habitación da Bela é o decorado d
Leer más

Más información del libro

Moito conto

Editorial:
OQO EDITORA
Fecha Publicación:
Formato:
Normal tapa dura (libros)
ISBN:
978-84-9871-493-7
EAN:
9788498714937
Nº páginas:
0
Colección:
colección Q
Lengua:
GALLEGO
Alto:
280 mm
Ancho:
220 mm
Sección:
INFANTIL Y JUVENIL
Sub-Sección:
Libros ilustrados

Otros libros en INFANTIL Y JUVENIL

También te pueden interesar