MAL DE ESCOLA

MAL DE ESCOLA

Autor: PENNAC, DANIEL

Sección: FILOLOGÍA - Literatura

MAL DE ESCOLA

MAL DE ESCOLA

24,50€ IVA INCLUIDO

Editorial:
XERAIS - ANAYA
Publicación:
17/10/2008
Colección:
EDICIÓN LITERARIA - NARRATIVA
Ver ficha completa

NO DISPONIBLE

Sinopsis

Daniel Pennac, na liña narrativa de Coma unha novela (Xerais 1993), aborda en Mal de escola a cuestión da escola e da educación dende o punto de vista dos malos alumnos. O autor, un dos máis celebrados das letras francesas contemporáneas, un pésimo estudante adolescente, estuda esta figura do folclore popular outorgándolle a nobleza que se merece e restituíndolle a …

Daniel Pennac, na liña narrativa de Coma unha novela (Xerais 1993), aborda en Mal de escola a cuestión da escola e da educación dende o punto de vista dos malos alumnos. O autor, un dos máis celebrados das letras francesas contemporáneas, un pésimo estudante adolescente, estuda esta figura do folclore popular outorgándolle a nobleza que se merece e restituíndolle a carga de angustia e dolor que a acompaña. Mal de escola mestura as testemuñas autobiográficas (como estudante e profesor que exerceu a docencia durante vinte e cinco anos nun instituto de París) con reflexións sobre a pedagoxía e as disfuncións da institución escolar, o papel dos pais e da familia co papel da televisión e dos medios de comunicación actuais, a sede de aprendizaxe coa dor de ser un mal estudante, o sentimento de exclusión do alumno e o amor á ensinanza do profesor. Mal de escola, Premio Renaudot 2007, obra traducida ao galego por Xavier Senín Fernández e Isabel Soto López, é un fenómeno editorial en Francia capaz de reabrir, tamén en Galicia, un gran debate arredor das razóns do fracaso escolar e do estado e do futuro da educación pública.
Leer más

Más libros de PENNAC, DANIEL

Todos los libros de PENNAC, DANIEL

Más información del libro

MAL DE ESCOLA

Editorial:
XERAIS - ANAYA
Fecha Publicación:
Formato:
Normal tapa blanda (libros)
ISBN:
978-84-9782-909-0
EAN:
9788497829090
Nº páginas:
312
Colección:
EDICIÓN LITERARIA - NARRATIVA
Lengua:
GALLEGO
Alto:
220 mm
Ancho:
146 mm
Sección:
FILOLOGÍA
Sub-Sección:
Literatura
Daniel Pennac (Casablanca, 1944) é un dos ensaístas máis celebrados das letras francesas, moi especialmente dende a publicación de Coma unha novela (Xerais 1993), un alegato a prol do pracer da lectura, traducido a case que todas as linguas europeas e moi especialmente dirixido contra certas técnicas, hábitos ou prexuízos do aparato educativo e familiar, obsesionado pola necesidade de ler (en galego tamén). A súa infancia transcorreu en moi diversos países de África e do Sudeste Asiático, ademais de «nos territorios libres da literatura», segundo as súas propias palabras: «Estudos? Caóticos, mais non necesariamente catastróficos. Profesión? Profesor, especialista en «casos difíciles». Recibiu en 1985 o Premio Vila de Reims á mellor novela policiaca por Au bonheur des ogres, e en 1987 o Premio Mystère da crítica por La fée Carabine. É autor da famosa saga protagonizada polo señor Malaussène. En Xerais ten editado en galego Como unha novela (1993) e Mal de escola (2008).

Otros libros en FILOLOGÍA

También te pueden interesar