A viaxe de meu pai

Notas e cartas desde a fronte de guerra (1937-1939)

Autor: Pereira Bueno, Fernando

Sección: HISTORIA - Biografías Históricas

A viaxe de meu pai

A viaxe de meu pai

22,95€ IVA INCLUIDO

Editorial:
-
Publicación:
01/03/2024
Colección:
LINGUA E LITERATURA
Ver ficha completa

ÚLTIMOS EJEMPLARES

Recogida en librería GRATIS

Envío a domicilio

Añadir a la cesta

Sinopsis

Neste libro recóllense as experiencias e sensacións que deixou escritas o artilleiro Ceferino Pereira de la Fuente nos seus diarios de campaña e nas cartas enviadas á familia durante a Guerra Civil española, desde mediados do mes de abril de 1937 até xullo de 1939. Existen poucos diarios coma este que documenten a Guerra Civil desde a perspectiva dun soldado …

Neste libro recóllense as experiencias e sensacións que deixou escritas o artilleiro Ceferino Pereira de la Fuente nos seus diarios de campaña e nas cartas enviadas á familia durante a Guerra Civil española, desde mediados do mes de abril de 1937 até xullo de 1939. Existen poucos diarios coma este que documenten a Guerra Civil desde a perspectiva dun soldado na fronte durante un período de tempo tan longo e de xeito tan ininterrompido. Uns diarios nos cales non hai nada ficticio, xa que gozan da frescura e da valiosa inmediatez de seren achegados desde o mesmo momento en que sucederon os feitos. A través do seu testemuño puntual e verídico, convertémonos en espectadores da realidade da guerra, das emocións e condicións cotiás do combatente (que comían, como vivían, o que cobraban e gastaban, o aburrimento en ocasións, as vivencias cos compañeiros...), un aspecto ao que cada vez se lle presta máis atención. Doutra banda, o libro non é só a transcrición concisa do diario, senón que tamén explica en que condicións se escribiu e como se estrutura. Ademais, ofrece contextualización de interese sobre moitos dos aspectos máis escuros da guerra (os familiares, os compañeiros, os oficiais do exército e outros personaxes mencionados), así como sobre algunhas accións bélicas, os cambios nas frontes do conflito ou localizacións xeográficas... Este testemuño, todo un exercicio de memoria histórica, contribúe ao coñecemento de aspectos escasamente investigados sobre a Guerra Civil española.
Leer más

Más libros de Pereira Bueno, Fernando

Más información del libro

A viaxe de meu pai

Editorial:
-
Fecha Publicación:
Formato:
Normal tapa blanda (libros)
ISBN:
978-84-11-10501-9
EAN:
9788411105019
Nº páginas:
488
Colección:
LINGUA E LITERATURA
Lengua:
ESPAÑOL
Alto:
22 mm
Ancho:
14 mm
Sección:
HISTORIA
Sub-Sección:
Biografías Históricas
Fernando Pereira Bueno (Santiago de Compostela, 1957), licenciado en Xeografía e Historia pola Universidade de Santiago de Compostela na especialidade de Historia da Arte, é profesor de Ciencias Sociais no IES Carlos Casares de Vigo. Publicou varios traballos relacionados coa historia das ensinanzas e institucións artísticas na nosa comunidade e sobre a presenza das mulleres pintoras na arte galega. A súa obra máis recente en Xerais é «A viaxe de meu pai. Notas e cartas desde a fronte de guerra (1937-1939)», publicada en 2024.

Otros libros en HISTORIA

También te pueden interesar