Verso e acorde

RELACIÓNS ENTRE LITERATURA GALEGA E MÚSICA POP (1950-2000)

Autor: Pombo, Alberto

Sección: MÚSICA (LIBROS) - MUSICA (LIBROS) GRAL

Verso e acorde

Verso e acorde

20,95€ IVA INCLUIDO

Editorial:
-
Publicación:
01/04/2024
Colección:
ESTUDOS LITERARIOS
Ver ficha completa

ÚLTIMOS EJEMPLARES

Recogida en librería GRATIS

Envío a domicilio

Añadir a la cesta

Sinopsis

Por que se buscaron a literatura galega e a música tras o golpe de Estado de 1936? Como naceu a música infantil galega? Onde se sitúan as orixes do pop galego? Por que a finais dos 70 o folk foi recoñecido como música celta? Que papel xogaron as orquestras que tocan no campo da festa? Como é a literatura galega …

Por que se buscaron a literatura galega e a música tras o golpe de Estado de 1936? Como naceu a música infantil galega? Onde se sitúan as orixes do pop galego? Por que a finais dos 70 o folk foi recoñecido como música celta? Que papel xogaron as orquestras que tocan no campo da festa? Como é a literatura galega musicada? Como se conformaron na Galiza o rock, o punk, o bravú ou o heavy metal de base literaria? Que pegada deixou a canción protesta e social na música galega e nos seus textos? Que papel xogou a censura na divulgación musical e poética? Cal será a influencia do canon literario na hora da escolla dos textos que se musican e viceversa? Que supuxo para a música e a poesía galegas a eclosión do pop e a popularización do disco vinilado cara a finais dos anos 50? Que papel terá a creación musical na divulgación da literatura galega? A rigorosa e interesantísma investigación realizada por Alberto Pombo para «Verso e acorde» dá resposta a estas interrogantes e deita moita luz sobre as relacións entre a lite-ratura e a música galegas.
Leer más

Más información del libro

Verso e acorde

Editorial:
-
Fecha Publicación:
Formato:
Normal tapa blanda (libros)
ISBN:
978-84-11-10526-2
EAN:
9788411105262
Nº páginas:
272
Colección:
ESTUDOS LITERARIOS
Lengua:
ESPAÑOL
Alto:
23 mm
Ancho:
16 mm
Sección:
MÚSICA (LIBROS)
Sub-Sección:
MUSICA (LIBROS) GRAL
Alberto Pombo (Loureda, 1985) é Licenciado en Filoloxía Galega e Doutor en Estudos Lingüísticos e Literarios con mestrados en Pedagoxía e en Literatura, Cultura e Diversidade. Membro do Grupo Illa de Investigación Lingüística e Literaria da Universidade da Coruña, na actualidade é profesor no IES Rafael Dieste. Comezou na docencia ocupándose do Centro de Estudos Galegos da Universidade de Estremadura e proferindo comunicacións ou cursos en diferentes facultades de Austria, do Brasil, da China, do Estado español, de Irlanda ou Portugal. Ademais dunha faceta como tradutor de poesía e outra no rock metal en galego que lle deu o premio A Coruña Son (2010), como creador publicou o libro de fotografía artística «Autorretrato» (2014), así como obra gráfica nas revistas «Dorna», «Campo de los Patos» ou «Kultur Austausch». Obtivo tamén unha residencia creativa na Writers House of Georgia (2017), e o Premio Mil Primaveras (2021) pola promoción da lingua galega entre a mocidade, outorgado pola Comisión de Técnicos/as de Normalización Lingüística.

Otros libros en MÚSICA (LIBROS)