Mary Wollstonecraft Shelley e a súa criatura artificial

MARY WOLLSTONECRAFT SHELLEY E A SÚA CRIATURA ARTIFICIAL

Autor: Queizán, María Xosé

Sección: FILOLOGÍA - Literatura

Mary Wollstonecraft Shelley e a súa criatura artificial

Mary Wollstonecraft Shelley e a súa criatura artificial

17,00€ IVA INCLUIDO

Editorial:
XERAIS - ANAYA
Publicación:
17/02/2011
Colección:
OBRAS DE REFERENCIA - ENSAIO
Ver ficha completa

NO DISPONIBLE

Sinopsis

A escritora británica Mary Wollstonecraft Shelley espertou cedo o interese dos estudos feministas. A súa completa educación, pouco habitual nas mulleres da época, permitiulle crear a figura literaria de Frankenstein. Nese ensaio, a escritora María Xosé Queizán, coa excelente pulsión literaria que a caracteriza, adéntrase na personalidade da creadora británica, convidándonos a unha viaxe a través da súa biografía, a …

A escritora británica Mary Wollstonecraft Shelley espertou cedo o interese dos estudos feministas. A súa completa educación, pouco habitual nas mulleres da época, permitiulle crear a figura literaria de Frankenstein. Nese ensaio, a escritora María Xosé Queizán, coa excelente pulsión literaria que a caracteriza, adéntrase na personalidade da creadora británica, convidándonos a unha viaxe a través da súa biografía, a través do contexto sociopolítico do seu tempo, da revolución industrial, e tamén en torno ao poder que emana do seu personaxe de ficción, o imperecedoiro Frankenstein e o seu significado posterior. Mary Wollstonecraft Shelley herda da súa nai, a autora da Vindicación dos dereitos da muller, morta dez días despois do parto, a súa conciencia feminista e a busca dun racionalismo ilustrado.
Leer más

Más libros de Queizán, María Xosé

Todos los libros de Queizán, María Xosé

Más información del libro

Mary Wollstonecraft Shelley e a súa criatura artificial

Editorial:
XERAIS - ANAYA
Fecha Publicación:
Formato:
Normal tapa blanda (libros)
ISBN:
978-84-9914-197-8
EAN:
9788499141978
Nº páginas:
0
Colección:
OBRAS DE REFERENCIA - ENSAIO
Lengua:
GALLEGO
Alto:
220 mm
Ancho:
145 mm
Sección:
FILOLOGÍA
Sub-Sección:
Literatura
María Xosé Queizán (Vigo, 1939) é escritora, directora da revista " Festa da palabra silenciada " e pensadora feminista. Como narradora deu á luz as seguintes novelas: " A orella no buraco " (1965), " Amantia " (Xerais 1984), " A semellanza " (1988), " O segredo da Pedra Figueira " (Xerais 1989, 2003), " Amor de tango " (Xerais 1992), " O solpor da cupletista " (Xerais 2003, 2013), " Ten o seu punto a fresca rosa " (Xerais 2000), " Meu pai vaite matar " (Xerais 2011), " A boneca de Blanco Amor " (2014) e " Son noxento " (Xerais, 2015), ademais do volume de relatos " Sentinela, alerta! " (Xerais 2002, 2015) e a biografía " Emilia Pardo Bazán. Unha nena seducida polos libros " (Xerais, 2014). Como poeta é autora dos seguintes títulos: " Metáfora da metáfora " (1991), " Despertar das amantes " (1993), " Fóra de min " (1995), " Non o abras como unha flor " (Xerais 2004) e " Cólera " (Xerais 2007). Froito da súa actividade teatral son a traxedia " Antígona, a forza do sangue " (Xerais 1991), o drama " Cartuxeira " (2008) e a comedia " Neuras " (2008). Ademais, traduciu para o galego relatos de Emilia Pardo Bazán e de Marguerite Yourcenar. Como ensaísta publicou: " A muller en Galicia " (1977), " Recuperemos as mans " (1980), " Evidencias " (Xerais 1990), " Escrita da certeza " (1995), " Misoxinia e racismo na poesía de E. Pondal " (1998), " Racionalismo político e literario. Conciliar as Ciencias e as Humanidades " (Xerais 2004), " Anti natura " (Xerais 2008), " Mary Wollstonecraft Shelley e a súa criatura artificial " (Xerais 2011) e " Rosalía de Castro e o poder sexual " (Xerais 2017). Foi nomeada Socia de Honra da AELG en 1998, recibiu o Premio Voz da Liberdade do PEN Clube (2011), o Premio Irmandade do Libro (2013) e o Premio da Cultura Galega (2016).

Otros libros en FILOLOGÍA

También te pueden interesar