Rosalía de Castro e o poder sexual

ROSALÍA DE CASTRO E O PODER SEXUAL

Autor: Queizán, María Xosé

Sección: FILOLOGÍA - Literatura

Rosalía de Castro e o poder sexual

Rosalía de Castro e o poder sexual

17,00€ IVA INCLUIDO

Editorial:
XERAIS - ANAYA
Publicación:
07/09/2017
Colección:
OBRAS DE REFERENCIA - ENSAIO
Ver ficha completa

NO DISPONIBLE

Sinopsis

Rosalía de Castro é unha das escritoras que mellor comprendeu e reflectiu na súa obra, tanto poética como narrativa, a sedución, entendendo esta como o poder sexual que os homes exercen sobre as mulleres. Quere isto dicir que a primeira escritora galega no século XIX, recoñecida e valorada na actualidade por todos, ten como leitmotiv da súa obra a sexualidade …

Rosalía de Castro é unha das escritoras que mellor comprendeu e reflectiu na súa obra, tanto poética como narrativa, a sedución, entendendo esta como o poder sexual que os homes exercen sobre as mulleres. Quere isto dicir que a primeira escritora galega no século XIX, recoñecida e valorada na actualidade por todos, ten como leitmotiv da súa obra a sexualidade e o poder patriarcal. Antes de que se estudase e se lle dese nome ao patriarcado, esta galega xa foi pioneira, con orixinalidade e con audacia, nun tema vixente na actualidade, causante dun holocausto que non se frea. Nas novelas e ensaios rosalianos e en boa parte da súa poesía a muller é a principal protagonista, unha muller que padece os efectos do abuso do patriarcado, tanto no aspecto político como emocional, sendo, como sinala Kathleen March, " a opresión da muller o seu tema único " . María Xosé Queizán reúne aquí sete ensaios de temática rosaliana, dende o introdutorio, que lle dá título, no que se estuda o carácter feminista de toda a obra rosaliana, pasando polos que abordan o amor e o suicidio na obra poética, até os dedicados á súa consideración a través da historia e á persecución que sufriu no seu tempo. Complétase o libro con media ducia de poemas e dous relatos nos que Queizán homenaxea a nosa primeira escritora.
Leer más

Más libros de Queizán, María Xosé

Todos los libros de Queizán, María Xosé

Más información del libro

Rosalía de Castro e o poder sexual

Editorial:
XERAIS - ANAYA
Fecha Publicación:
Formato:
Cambiar formato
ISBN:
978-84-9121-253-9
EAN:
9788491212539
Nº páginas:
152
Colección:
OBRAS DE REFERENCIA - ENSAIO
Lengua:
GALLEGO
Alto:
22 mm
Ancho:
14 mm
Sección:
FILOLOGÍA
Sub-Sección:
Literatura
María Xosé Queizán (Vigo, 1939) é escritora, directora da revista " Festa da palabra silenciada " e pensadora feminista. Como narradora deu á luz as seguintes novelas: " A orella no buraco " (1965), " Amantia " (Xerais 1984), " A semellanza " (1988), " O segredo da Pedra Figueira " (Xerais 1989, 2003), " Amor de tango " (Xerais 1992), " O solpor da cupletista " (Xerais 2003, 2013), " Ten o seu punto a fresca rosa " (Xerais 2000), " Meu pai vaite matar " (Xerais 2011), " A boneca de Blanco Amor " (2014) e " Son noxento " (Xerais, 2015), ademais do volume de relatos " Sentinela, alerta! " (Xerais 2002, 2015) e a biografía " Emilia Pardo Bazán. Unha nena seducida polos libros " (Xerais, 2014). Como poeta é autora dos seguintes títulos: " Metáfora da metáfora " (1991), " Despertar das amantes " (1993), " Fóra de min " (1995), " Non o abras como unha flor " (Xerais 2004) e " Cólera " (Xerais 2007). Froito da súa actividade teatral son a traxedia " Antígona, a forza do sangue " (Xerais 1991), o drama " Cartuxeira " (2008) e a comedia " Neuras " (2008). Ademais, traduciu para o galego relatos de Emilia Pardo Bazán e de Marguerite Yourcenar. Como ensaísta publicou: " A muller en Galicia " (1977), " Recuperemos as mans " (1980), " Evidencias " (Xerais 1990), " Escrita da certeza " (1995), " Misoxinia e racismo na poesía de E. Pondal " (1998), " Racionalismo político e literario. Conciliar as Ciencias e as Humanidades " (Xerais 2004), " Anti natura " (Xerais 2008), " Mary Wollstonecraft Shelley e a súa criatura artificial " (Xerais 2011) e " Rosalía de Castro e o poder sexual " (Xerais 2017). Foi nomeada Socia de Honra da AELG en 1998, recibiu o Premio Voz da Liberdade do PEN Clube (2011), o Premio Irmandade do Libro (2013) e o Premio da Cultura Galega (2016).

Otros libros en FILOLOGÍA

  • EL INFINITO EN UN JUNCO

    DISPONIBLE

    Recogida en librería GRATIS

    Envío a domicilio

    EL INFINITO EN UN JUNCO

    13,95€ IVA INCLUIDO

  • EL INFINITO EN UN JUNCO

    DISPONIBLE

    Recogida en librería GRATIS

    Envío a domicilio

    EL INFINITO EN UN JUNCO

    24,95€ IVA INCLUIDO

  • INFINITO EN UN JUNCO, EL (CAMPAÑA DIA DEL LIBRO EDICION LIMITADA)

    DISPONIBLE

    Recogida en librería GRATIS

    Envío a domicilio

    INFINITO EN UN JUNCO, EL (CAMPAÑA DIA DEL LIBRO EDICION LIMITADA)

    9,95€ IVA INCLUIDO

  • CLASICOS PARA LA VIDA

    DISPONIBLE

    Recogida en librería GRATIS

    Envío a domicilio

    CLASICOS PARA LA VIDA

    12,00€ IVA INCLUIDO

  • LA PALABRA EXACTA

    DISPONIBLE

    Recogida en librería GRATIS

    Envío a domicilio

    LA PALABRA EXACTA

    19,90€ IVA INCLUIDO

  • 365... (4 títulos)

    DISPONIBLE

    Recogida en librería GRATIS

    Envío a domicilio

    365... (4 títulos)

    5,95€ IVA INCLUIDO

  • LOCOS POR LOS CLÁSICOS

    DISPONIBLE

    Recogida en librería GRATIS

    Envío a domicilio

    LOCOS POR LOS CLÁSICOS

    9,95€ IVA INCLUIDO

  • MANIFIESTO POR LA LECTURA - BE

    DISPONIBLE

    Recogida en librería GRATIS

    Envío a domicilio

    MANIFIESTO POR LA LECTURA - BE

    9,95€ IVA INCLUIDO

  • ESCRITURA COMO UN CUCHILLO, LA

    DISPONIBLE

    Recogida en librería GRATIS

    Envío a domicilio

    ESCRITURA COMO UN CUCHILLO, LA

    19,95€ IVA INCLUIDO

  • Gregorio y yo

    DISPONIBLE

    Recogida en librería GRATIS

    Envío a domicilio

    Gregorio y yo

    29,90€ IVA INCLUIDO

  • REFUGE BOY

    DISPONIBLE

    Recogida en librería GRATIS

    Envío a domicilio

    REFUGE BOY

    12,25€ IVA INCLUIDO

  • COMO EL AIRE QUE RESPIRAMOS

    DISPONIBLE

    Recogida en librería GRATIS

    Envío a domicilio

    COMO EL AIRE QUE RESPIRAMOS

    16,00€ IVA INCLUIDO

  • MIENTRAS ESCRIBO

    DISPONIBLE

    Recogida en librería GRATIS

    Envío a domicilio

    MIENTRAS ESCRIBO

    10,95€ IVA INCLUIDO

  • STEPHEN KING

    DISPONIBLE

    Recogida en librería GRATIS

    Envío a domicilio

    STEPHEN KING

    26,95€ IVA INCLUIDO

También te pueden interesar