MARY QUINTERO

RETRATISTA DESDE OS 15 ANOS

Autor: QUINTERO, MARY

Sección: FOTOGRAFÍA - Manuales y Técnicas de Fotografía

MARY QUINTERO

MARY QUINTERO

28,50€ IVA INCLUIDO

Editorial:
XERAIS - ANAYA
Publicación:
12/11/2015
Colección:
GRANDES OBRAS - EDICIÓNS SINGULARES
Ver ficha completa

NO DISPONIBLE

Sinopsis

Este libro recolle os máis de sesenta anos de profesión de Mary Quintero, retratista dende os 15 anos. Ordenado en catro apartados, os tres primeiros (épocas do branco e negro, da cor e o dixital) recollen datos privados e técnicos, referencias a artigos periodísticos e anécdotas contadas pola propia fotógrafa. No último pódese visualizar parte da obra fotográfica, estruturada en …

Este libro recolle os máis de sesenta anos de profesión de Mary Quintero, retratista dende os 15 anos. Ordenado en catro apartados, os tres primeiros (épocas do branco e negro, da cor e o dixital) recollen datos privados e técnicos, referencias a artigos periodísticos e anécdotas contadas pola propia fotógrafa. No último pódese visualizar parte da obra fotográfica, estruturada en varios capítulos: fotografía coloreada, retoque analóxico, proxector de fondos, época romántica, cambio de estilo, ambientación, cerimonias, retrato, etc. Ao finalizar, móstrase unha pequena selección da súa pintura, coñecemento indispensable do seu percorrido profesional, onde segue usando a imaxe fotográfica como base. Os textos do libro aparecen tamén en castelán. (Los textos del libro aparecen también en castellano).
Leer más

Más información del libro

MARY QUINTERO

Editorial:
XERAIS - ANAYA
Fecha Publicación:
Formato:
Normal tapa blanda (libros)
ISBN:
978-84-9914-937-0
EAN:
9788499149370
Nº páginas:
200
Colección:
GRANDES OBRAS - EDICIÓNS SINGULARES
Lengua:
GALLEGO
Alto:
270 mm
Ancho:
240 mm
Sección:
FOTOGRAFÍA
Sub-Sección:
Manuales y Técnicas de Fotografía
Mary Quintero (Melide, A Coruña 1931) iniciouse no campo da fotografía cos seus pais, fotógrafos de profesión, que a enviaron a Madrid para rematar a súa formación con Pedro Jaraba e Carlos Pascual de Lara. Con quince anos realizou a súa primeira exposición, e antes de cumprir os vinte era xa unha fotógrafa recoñecida en toda Galicia polos excelentes resultados que obtiña no coloreado das súas fotografías desde o seu estudio vigués. Durante máis de sesenta anos de profesión traballou a fotografía analóxica ?en branco e negro e en cor? e a dixital; colaborou como relatora en numerosos congresos e seminarios celebrados ao longo de todo o Estado Español, Europa, Rusia e mesmo América do Sur, foi agasallada polos seus compañeiros de profesión en numerosas ocasións e recibiu múltiples galardóns, entre os que destacan o Premio ao Mellor Fotógrafo de España, a Granada de Ouro, a Medalla de Meritxell, «La novia del año Kodak» 1986, o Óscar do ano en 1990 e 2005, o título de Viguesa Distinguida en 1994, a Medalla de Ouro e Brillantes de Sevilla e a Medalla de Galicia.

Otros libros en FOTOGRAFÍA

También te pueden interesar