FIDEL CASTRO. A MIÑA VIDA.

CONVERSAS CON IGNACIO RAMONET

Autor: RAMONET, IGNACIO

Sección: HISTORIA - Biografías Históricas

FIDEL CASTRO. A MIÑA VIDA.

FIDEL CASTRO. A MIÑA VIDA.

25,00€ IVA INCLUIDO

Editorial:
XERAIS - ANAYA
Publicación:
23/11/2007
Colección:
EDICIÓN LITERARIA - CRÓNICA - CONVERSAS
Ver ficha completa

NO DISPONIBLE

Sinopsis

Fidel Castro. A miña vida. Conversas con Ignacio Ramonet, publicado en Cuba co título Cien horas con Fidel, ven sendo un repaso demorado pola vida, a obra e o pensamento dunha das figuras máis destacadas da historia recente da humanidade. Esta é a edición completa do libro. No verán de 2006, Fidel Castro foi sometido a unha intervención cirúrxica por …

Fidel Castro. A miña vida. Conversas con Ignacio Ramonet, publicado en Cuba co título Cien horas con Fidel, ven sendo un repaso demorado pola vida, a obra e o pensamento dunha das figuras máis destacadas da historia recente da humanidade. Esta é a edición completa do libro. No verán de 2006, Fidel Castro foi sometido a unha intervención cirúrxica por causa dunha crise intestinal aguda; meses despois a televisión tráenos as imaxes dun Fidel convalecente, cun bolígrafo na man: revisaba e completaba a primeira versión desta obra con novas revelacións inéditas sobre a súa infancia, a súa familia e a historia de Cuba, as relacións co Che, con Hugo Chávez e con Evo Morales, a política internacional e o futuro do socialismo. Como eran os seus pais? Onde e cando se forxou o rebelde? Estivo o mundo no límite dunha guerra nuclear durante a " crise dos mísiles " ? Que significou a presenza do papa Xoan Paulo II na illa en 1998? Que pensa da globalización neoliberal, da guerra de Iraq e do presidente Bush? Por que as autoridades cubanas aplican unha política de arrestos contra opositores ao réxime? Por que permanece na lexislación cubana a pena de morte? Que fan centos de médicos cubanos en países diferentes de medio mundo? Existe corrupción no Estado? Que futuro para a revolución despois de Fidel Castro? As orixes galegas; os galegos no asalto ao cuartel Moncada e no proceso revolucionario. Opinións sobre Fraga Iribarne; e un capítulo especial para as relacións co Estado español, personificadas en Felipe González e José Mª Aznar son algúns dos temas abordados neste groso volume de máis de seiscentas páxinas que constitúe un amplo percorrido pola controvertida figura de Fidel Castro, ao tempo que un apaixonante relato sobre o pasado, o presente e o porvir da Revolución cubana.
Leer más

Más libros de RAMONET, IGNACIO

Más información del libro

FIDEL CASTRO. A MIÑA VIDA.

Editorial:
XERAIS - ANAYA
Fecha Publicación:
Formato:
Normal tapa blanda (libros)
ISBN:
978-84-9782-685-3
EAN:
9788497826853
Nº páginas:
664
Colección:
EDICIÓN LITERARIA - CRÓNICA - CONVERSAS
Lengua:
GALLEGO
Alto:
240 mm
Ancho:
170 mm
Sección:
HISTORIA
Sub-Sección:
Biografías Históricas
Ignacio Ramonet (Redondela, 1943) é director, en parís, do prestixioso periódico mensual Le Monde Diplomatique. Especialista en xeopolítica e estratexia internacionaal, e profesor de Teoría da Comunicación na Universidade Denis Diderot de París, Iganacio Ramonet é doutor en Semioloxía e Historia da Cultura pola Escola de Altos Estudos en Ciencias Sociais, onde foi alumno de Roland Barthes. Fundador de ATTAC e un dos promotores do Foro Social Mundial, é autor de numerosas obras entre as que destacan La golosina visual, Un mundo sin rumbo, La tiranía de la comunicación, Rebeldes, dioses y excluídos, Las guerras del siglo XXI, Iraq, historia de un desastre e Fidel Castro. A miña vida (Xerais 2007).

Otros libros en HISTORIA

También te pueden interesar