CANDO OS ANIMAIS FALABAN

CEN HISTORIAS DAQUEL TEMPO

Autor: Reigosa, Antonio

Sección: INFANTIL Y JUVENIL - A partir de 9 años

CANDO OS ANIMAIS FALABAN

CANDO OS ANIMAIS FALABAN

33,95€ IVA INCLUIDO

Editorial:
XERAIS - ANAYA
Publicación:
11/12/2002
Colección:
INFANTIL E XUVENIL - EDICIÓNS SINGULARES
Ver ficha completa

NO DISPONIBLE

Sinopsis

Cando os animais falaban é un tempo mítico en que se sitúan un grande número de contos populares, de sucesos fantásticos e marabillosos, sobre todo protagonizados por animais, coma os cen que se recollen neste volume preparado por Xosé Miranda e Antonio Reigosa. Ese tempo mítico pérdese na noite dos tempos e lévanos a unha época remotísima, de aí que …

Cando os animais falaban é un tempo mítico en que se sitúan un grande número de contos populares, de sucesos fantásticos e marabillosos, sobre todo protagonizados por animais, coma os cen que se recollen neste volume preparado por Xosé Miranda e Antonio Reigosa. Ese tempo mítico pérdese na noite dos tempos e lévanos a unha época remotísima, de aí que esta frase apareza como fórmula de entrada de contos e relatos, sobre todo dos contos de animais e dos contos marabillosos e de maxia, moi similar a outras ben coñecidas como " Érase unha vez " , " Desta era " ou " Nos tempos de Maricastaña " . O cento de contos que se recollen neste volume, cada un deles ilustrado fermosamente a toda cor por Andrés Meixide, están tirados todos eles da tradicón oral galega; todos eles refírense ós tempos primitivos, os tempos da creación, cando se decidiu que as cousas fosen como son, que o carrizo fose pequeno, que a silveira dese amoras e que a cobra non tivese patas. Son contos populares que explican, a súa maneira, por que as cousas son dese xeito e non doutro. Neste libro, singularmente fermoso, quedan explicadas a orixe e a causa de moitos fenómenos naturais e conductas humanas: ¿Por que os corvos non son fachendosos?, ¿Por que a andoriña é un paxaro que trae sorte?, ¿Por que o moucho chama sempre polos bois?, ¿Por que os paxaros fan niño?, ¿Por que no inverno non se ve o cuco? ¿Como se alimentan as follas das árbores? Son algunhas das preguntas que se responden neste volume, cuestións que quedan explicadas dun xeito tan inxenuo e plástico como fermoso. Un libro imprescindible para coñecer e gozar e rir cos nosos mitos fundacionais, que poden compararse cos de calquera outro pobo do mundo.
Leer más

Más libros de Reigosa, Antonio

Todos los libros de Reigosa, Antonio

Más información del libro

CANDO OS ANIMAIS FALABAN

Editorial:
XERAIS - ANAYA
Fecha Publicación:
Formato:
Normal tapa dura (libros)
ISBN:
978-84-8302-907-7
EAN:
9788483029077
Nº páginas:
128
Colección:
INFANTIL E XUVENIL - EDICIÓNS SINGULARES
Lengua:
GALLEGO
Alto:
255 mm
Ancho:
235 mm
Sección:
INFANTIL Y JUVENIL
Sub-Sección:
A partir de 9 años
Antonio Reigosa (Zoñán, Mondoñedo 1958) é escritor, investigador e divulgador da nosa cultura popular. Traballa como guía no Museo Provincial de Lugo. Cofundador de Chaira, grupo de Investigación Etnográfica, ten participado en proxectos de investigación sobre literatura oral. Tamén é coautor, xunto con Xosé Miranda e Xoán Ramiro Cuba, do ?Dicionario dos Seres Míticos Galegos? (Xerais 1998) e dos vinte volumes dos contos da colección Cabalo Buligán (Xerais 1998-2003) recollidos da tradición oral. Así mesmo é coautor dos volumes ?Contos colorados. Narracións eróticas da tradición oral galega? (Xerais 2001), ?Pequena mitoloxía de Galicia? (Xerais 2001), ?Cando os animais falaban? (Xerais 2002), ?Arrepíos e outros medos? (Xerais 2004) e ?Antoloxía do conto galego de tradición oral? (2002). Xunto coa ilustradora Noemí López, publicou os álbums ?Guía ilustrada da Galicia invisible? (2010) e ?Trece noites, trece lúas. Libro das marabillas do Nadal? (2011). Como autor de literatura infantil publicou: ?Memorias dun raposo? (Xerais 1998), novela, Premio Merlín; ?Resalgario? (Xerais 2001), novela, Premio Raíña Lupa de literatura infantil 2000; ?O galo avisado e o raposo trampulleiro? (Xerais 2003); ?Bacoriño? (Xerais 2004) e ?O aprendiz de home do saco? (Xerais 2013). En 2014 preparou a edición de ?Galicia Encantada. O país das mil e unha fantasías? e xunto con Antonio García Teijeiro publicou ?Lendo lendas, digo versos? (Xerais, 2015).

Otros libros en INFANTIL Y JUVENIL

También te pueden interesar