GALICIA ENCANTADA

O PAÍS DAS MIL E UNHA FANTASÍAS

Autor: REIGOSA, ANTONIO

Sección: NARRATIVA - Relato-Cuento (varios autores)

GALICIA ENCANTADA

GALICIA ENCANTADA

12,50€ IVA INCLUIDO

Editorial:
XERAIS - ANAYA
Publicación:
22/01/2015
Colección:
EDICIÓN LITERARIA - LIBROX
Ver ficha completa

NO DISPONIBLE

Sinopsis

O proxecto " Galicia Encantada " naceu no seu día para navegar pola internet e, agora, dez anos despois, faise libro. Unha parte dos documentos atesourados na web durante este tempo, revisados e actualizados, transmútanse en papel impreso coa gozosa pretensión de compartir a marabilla dos mitos, lendas, ritos, contos e outros sucedidos, case sempre sorprendentes. Un cento de historias …

O proxecto " Galicia Encantada " naceu no seu día para navegar pola internet e, agora, dez anos despois, faise libro. Unha parte dos documentos atesourados na web durante este tempo, revisados e actualizados, transmútanse en papel impreso coa gozosa pretensión de compartir a marabilla dos mitos, lendas, ritos, contos e outros sucedidos, case sempre sorprendentes. Un cento de historias que percorren este «País das mil e unha fantasías» de norte a sur, de leste a oeste, do mar á montaña, da terra ao aire, da auga ao lume. Viaxes de ida e volta, desde o mundo real ao imaxinario e viceversa, guiados polo saber de máis de medio cento de coautores que exercen de cronistas da memoria dunha Galicia sabia e auténtica, irremediablemente encantada.
Leer más

Más libros de REIGOSA, ANTONIO

Todos los libros de REIGOSA, ANTONIO

Más información del libro

GALICIA ENCANTADA

Editorial:
XERAIS - ANAYA
Fecha Publicación:
Formato:
Normal tapa blanda (libros)
ISBN:
978-84-9914-780-2
EAN:
9788499147802
Nº páginas:
240
Colección:
EDICIÓN LITERARIA - LIBROX
Lengua:
GALLEGO
Alto:
200 mm
Ancho:
130 mm
Sección:
NARRATIVA
Sub-Sección:
Relato-Cuento (varios autores)
Antonio Reigosa (Zoñán, Mondoñedo 1958) é escritor, investigador e divulgador da nosa cultura popular. Traballa como guía no Museo Provincial de Lugo. Cofundador de Chaira, grupo de Investigación Etnográfica, ten participado en proxectos de investigación sobre literatura oral. Tamén é coautor, xunto con Xosé Miranda e Xoán Ramiro Cuba, do ?Dicionario dos Seres Míticos Galegos? (Xerais 1998) e dos vinte volumes dos contos da colección Cabalo Buligán (Xerais 1998-2003) recollidos da tradición oral. Así mesmo é coautor dos volumes ?Contos colorados. Narracións eróticas da tradición oral galega? (Xerais 2001), ?Pequena mitoloxía de Galicia? (Xerais 2001), ?Cando os animais falaban? (Xerais 2002), ?Arrepíos e outros medos? (Xerais 2004) e ?Antoloxía do conto galego de tradición oral? (2002). Xunto coa ilustradora Noemí López, publicou os álbums ?Guía ilustrada da Galicia invisible? (2010) e ?Trece noites, trece lúas. Libro das marabillas do Nadal? (2011). Como autor de literatura infantil publicou: ?Memorias dun raposo? (Xerais 1998), novela, Premio Merlín; ?Resalgario? (Xerais 2001), novela, Premio Raíña Lupa de literatura infantil 2000; ?O galo avisado e o raposo trampulleiro? (Xerais 2003); ?Bacoriño? (Xerais 2004) e ?O aprendiz de home do saco? (Xerais 2013). En 2014 preparou a edición de ?Galicia Encantada. O país das mil e unha fantasías? e xunto con Antonio García Teijeiro publicou ?Lendo lendas, digo versos? (Xerais, 2015).

Otros libros en NARRATIVA

También te pueden interesar