IRMÁN REI ARTUR

IRMÁN REI ARTUR

Autor: REIGOSA, CARLOS G.

Sección: INFANTIL Y JUVENIL - A partir de 13 años

IRMÁN REI ARTUR

IRMÁN REI ARTUR

14,50€ IVA INCLUIDO

Editorial:
XERAIS - ANAYA
Publicación:
31/01/2001
Colección:
INFANTIL E XUVENIL. FÓRA DE XOGO
Ver ficha completa

NO DISPONIBLE

Sinopsis

Tres relatos curtos que constitúen unha nova invención galega dos temas do ciclo da Táboa Redonda. Tres narracións que completan a vella historia do rei Artur e os cabaleiros da Táboa Redonda con cadansúa recreación persoal que Carlos G. Reigosa fai dalgún episodio desde unha nova perspectiva moi libre. A primeira, " A tentación de Lanzarote " , presenta ó …

Tres relatos curtos que constitúen unha nova invención galega dos temas do ciclo da Táboa Redonda. Tres narracións que completan a vella historia do rei Artur e os cabaleiros da Táboa Redonda con cadansúa recreación persoal que Carlos G. Reigosa fai dalgún episodio desde unha nova perspectiva moi libre. A primeira, " A tentación de Lanzarote " , presenta ó meirande cabaleiro e o máis amigo de Artur na encrucillada de volver, despois dun ano de aventuras polo mundo, a mergullarse de novo nos seus dous sentimentos en radical conflito: a paixón por Xenebra e a amizade con Artur. Se " A tentación de Lanzarote " libera ó meirande cabaleiro da carga da traizón por amor, alumando o perfil máis humano do heroe, o segundo relato, " Amor de Merlín " , libera ao meigo de quedar para sempre pechado dentro dun penedo por culpa dunha rapaza tarabela e ingrata da que o vello sabio se namorara. Neste xogo de amor serodio Merlín encarna a eterna disputa entre a sabedoría e a felicidade. E como é vello, sabio, meigo e fillo do demo, non debía caer vítima dos seus propios feitizos. El descubriulle as súas artes á moza por amor, pero gardou para si o milagre de renunciar á sabedoría a prol do amor e da felicidade. Tamén, no último relato, " A morte do rei Artur " propón unha lectura nova da fin do mítico monarca bretón. Non estaba ben que Artur perdese a derradeira batalla, morto a man do seu fillo Mordred. Por iso Reigosa búscalle un final máis digno e cheo de esperanza. De xeito que Artur, sen o amor e amizade dos que el máis quería (Xenebra, Lanzarote, Galván...), vendo o seu ideal traizoado por culpa da ambición, xa que o mundo de paz e de xustiza que el construíra derrúbase nas argalladas da política mentireira, escolle desaparecer con todo aquilo que xustificara a súa vida e agardar tempos mellores para volver e levantalo de novo. E no íntimo desexo do autor, " volverá moi axiña. Porque o mundo cada vez seméllase máis a como era pouco antes de el chegar " .
Leer más

Más libros de REIGOSA, CARLOS G.

Todos los libros de REIGOSA, CARLOS G.

Más información del libro

IRMÁN REI ARTUR

Editorial:
XERAIS - ANAYA
Fecha Publicación:
Formato:
Cambiar formato
ISBN:
978-84-8302-606-9
EAN:
9788483026069
Nº páginas:
160
Colección:
INFANTIL E XUVENIL. FÓRA DE XOGO
Lengua:
GALLEGO
Alto:
21 mm
Ancho:
13 mm
Sección:
INFANTIL Y JUVENIL
Sub-Sección:
A partir de 13 años
Carlos G. Reigosa (A Pastoriza, 1948). Licenciado en Ciencias da Información e Ciencias Políticas. Xornalista e membro do Consello Asesor da Fundación del Español Urgente (Fundeu). Como narrador ten publicadas as seguintes obras: ?Oxford, amén? (1982, Xerais 2006), novela; ?Homes de Tras da Corda? (Xerais 1982, 2000), relatos; ?Crime en Compostela? (Xerais 1984, 2005), Premio Xerais de novela; ?As pucharcas da lembranza? (Xerais 1985), relatos; ?Irmán Rei Artur? (Xerais 1986, 2000), relatos; ?O misterio do barco perdido? (Xerais 1988, 2005), novela; ?Os outros disparos de Billy? (Xerais 1991); ?A guerra do tabaco? (Xerais 1996, 2005), novela; ?Narcos? (Xerais 2000), novela, Premio Benito Soto 2001; ?Intramundi? (Xerais 2002), novela; ?Pepa A Loba? (Xerais 2006), novela; ?A vida do outro? (Xerais 2009), novela, Premio Gonzalo Torrente Ballester 2008; ?A lei das ánimas? (2010), novela; ?Tras da Corda? (Xerais 2012), relatos; ?A vitoria do perdedor? (Xerais 2013), novela; ?A vinganza do defunto? (Xerais 2014), novela, e ?Segredos de Bretaña? (Xerais, 2016), novela. Publicou o libro de poemas ?Kid salvaxe? (Xerais 2014) e a obra de teatro ?A soidade do asasino? (Xerais 2018), ademais de varios libros de investigación e ensaio xornalístico, entre eles, ?Fuxidos de sona? (Xerais 1989), reportaxe; ?Doutor Livingstone, supoño? (Xerais 1998), ensaio; ?O regreso dos maquis? (Xerais 2004), reportaxe; ?Laxeiro por si mesmo? (Xerais 2008), conversas; ?A agonía do león? (Xerais 2011); ?A Galicia máxica de García Márquez? (2009, Xerais 2013); ?Colmeiro por si mesmo?, escrito en colaboración con Xosé Antón Castro (Xerais 2015) e ?A morte de Valle-Inclán?, en colaboración con Javier del Valle Inclán e José Monleón (Xerais, 2016).

Otros libros en INFANTIL Y JUVENIL

También te pueden interesar