OS COMEDORES DE PATACAS

OS COMEDORES DE PATACAS

Autor: Rivas, Manuel

Sección: NARRATIVA - Novela General

OS COMEDORES DE PATACAS

OS COMEDORES DE PATACAS

18,50€ IVA INCLUIDO

Editorial:
XERAIS - ANAYA
Publicación:
20/04/2004
Colección:
EDICIÓN LITERARIA - NARRATIVA
Ver ficha completa

NO DISPONIBLE

Sinopsis

O protagonista de Os comedores de patacas é Sam, un adolescente enganchado na droga que habita nos lindes da delincuencia. A vida de Sam, retratada desde o profundo lirismo e a poesía íntima que emana da narrativa de Manuel Rivas, móvese a cabalo entre dous espacios, entre dúas culturas, a urbana e a rural, que se xuntan no sincretismo que …

O protagonista de Os comedores de patacas é Sam, un adolescente enganchado na droga que habita nos lindes da delincuencia. A vida de Sam, retratada desde o profundo lirismo e a poesía íntima que emana da narrativa de Manuel Rivas, móvese a cabalo entre dous espacios, entre dúas culturas, a urbana e a rural, que se xuntan no sincretismo que preside a cotianidade deste adolescente galego. O paro, o walkman, o teléfono, o rap, os colegas, o contacto co sexo, o ruído dos tractores, o poder da amizade, as ensoñacións do protagonista, un accidente de coche, a incomunicación, ese Algo que Sam se mete, o reencontro coa aldea, a avoa... constitúen os referentes vitais dun protagonista tenro e entrañable, que camiña pola vida empuxado polo optimismo. O Manuel Rivas de Os comedores de patacas é un escritor limpo, que tece a súa narrativa desde a sinxeleza, o humor e unha inesgotable capacidade para contar con axilidade, con ritmo e con precisión.
Leer más

Más libros de Rivas, Manuel

Todos los libros de Rivas, Manuel

Más información del libro

OS COMEDORES DE PATACAS

Editorial:
XERAIS - ANAYA
Fecha Publicación:
Formato:
Normal tapa blanda (libros)
ISBN:
978-84-9782-122-3
EAN:
9788497821223
Nº páginas:
128
Colección:
EDICIÓN LITERARIA - NARRATIVA
Lengua:
GALLEGO
Alto:
220 mm
Ancho:
145 mm
Sección:
NARRATIVA
Sub-Sección:
Novela General
Manuel Rivas (A Coruña, 1957), escritor e xornalista. A súa obra, escrita en galego, está traducida a máis de vinte linguas e publicada polas máis prestixiosas editoras literarias do mundo. Como narrador ten publicado: ?Todo ben? (1985); ?Un millón de vacas? (1989), Premio da Crítica Española; ?Os comedores de patacas? (1991); ?En salvaxe compaña? (1994), Premio da Crítica Galicia; ?Que me queres, amor?? (1996), Premio Torrente Ballester e Premio Nacional de Narrativa; ?O lapis do carpinteiro? (1998), Premio da Crítica Española, Premio da Asociación de Escritores en Lingua Galega, Premio Arcebispo Xoán de San Clemente, Premio 50 aniversario da sección belga de Amnistía Internacional (2001); ?Ela, maldita alma? (1999); ?A man dos paíños? (2000); ?As chamadas perdidas? (2002); ?Contos de Nadal? (2003) reeditado na colección Fóra de Xogo como ?Madonna e outros contos de inverno? (2015); ?Os libros arden mal? (2006), Premio Ánxel Casal ao Libro do Ano, Premio Irmandade do Libro ao Mellor Libro Galego do Ano, Premio da Crítica, Premio Mellor Libro do Ano Libreiros de Madrid, Premio da Crítica Galega, Premio Losada Diéguez, Premio da Asociación de Escritores en Lingua Galega; ?Todo é silencio? (2010), ?As voces baixas? (2012) e ''O último día de Terranova'' (2015). Reuniu todos os seus contos no volume ?O máis estraño? (2011). Tamén é autor dunha extensa obra xornalística e poética en lingua galega. Para o público infantil ten publicados os contos ?O sombreiro Chichiriteiro? (2009), ?O raposo e a mestra? (2013) e ?Bala Perdida? (1997, Xerais, 2016). En 2015 publicou o libro de poemas " A boca da terra " e a novela " O último día de Terranova " . É codirector da revista Luzes.

Otros libros en NARRATIVA

También te pueden interesar