Todo é silencio

TODO É SILENCIO

Autor: RIVAS, MANUEL

Sección: NARRATIVA - Novela General

Todo é silencio

Todo é silencio

20,95€ IVA INCLUIDO

Editorial:
XERAIS - ANAYA
Publicación:
01/10/2010
Colección:
EDICIÓN LITERARIA - NARRATIVA
Ver ficha completa

NO DISPONIBLE

Sinopsis

Todo é silencio narra o irresistíbel ascenso social de Mariscal, un capo contrabandista, e das almas que habitan Noitía, o universo que domina ao seu antollo. En Noitía, na costa atlántica, houbo un tempo en que as redes do contrabando, reconvertidas ao narcotráfico, acadaron tanto poder que estiveron moi preto de controlar o poder social e as institucións. Todo é …

Todo é silencio narra o irresistíbel ascenso social de Mariscal, un capo contrabandista, e das almas que habitan Noitía, o universo que domina ao seu antollo. En Noitía, na costa atlántica, houbo un tempo en que as redes do contrabando, reconvertidas ao narcotráfico, acadaron tanto poder que estiveron moi preto de controlar o poder social e as institucións. Todo é silencio narra tamén a vida dun grupo de amigos, aos que une dende a infancia o andar á crebas, á procura de restos de naufraxios, no escenario sempre sorprendente do mar de Galicia. Ese mar que fala cos signos que deita na beira. Dende moi pronto, o destino da xente nova estará determinado pola sombra odiosa e engaiolante a un tempo do omnipresente Mariscal. Unha novela, Todo é silencio, que relata como os círculos do crime rodean e corrompen, non sempre con éxito, o extraño feitizo da condición humana.
Leer más

Más libros de RIVAS, MANUEL

Todos los libros de RIVAS, MANUEL

Más información del libro

Todo é silencio

Editorial:
XERAIS - ANAYA
Fecha Publicación:
Formato:
Cambiar formato
ISBN:
978-84-9914-169-5
EAN:
9788499141695
Nº páginas:
280
Colección:
EDICIÓN LITERARIA - NARRATIVA
Lengua:
GALLEGO
Alto:
22 mm
Ancho:
14 mm
Sección:
NARRATIVA
Sub-Sección:
Novela General
Manuel Rivas (A Coruña, 1957), escritor e xornalista. A súa obra, escrita en galego, está traducida a máis de vinte linguas e publicada polas máis prestixiosas editoras literarias do mundo. Como narrador ten publicado: ?Todo ben? (1985); ?Un millón de vacas? (1989), Premio da Crítica Española; ?Os comedores de patacas? (1991); ?En salvaxe compaña? (1994), Premio da Crítica Galicia; ?Que me queres, amor?? (1996), Premio Torrente Ballester e Premio Nacional de Narrativa; ?O lapis do carpinteiro? (1998), Premio da Crítica Española, Premio da Asociación de Escritores en Lingua Galega, Premio Arcebispo Xoán de San Clemente, Premio 50 aniversario da sección belga de Amnistía Internacional (2001); ?Ela, maldita alma? (1999); ?A man dos paíños? (2000); ?As chamadas perdidas? (2002); ?Contos de Nadal? (2003) reeditado na colección Fóra de Xogo como ?Madonna e outros contos de inverno? (2015); ?Os libros arden mal? (2006), Premio Ánxel Casal ao Libro do Ano, Premio Irmandade do Libro ao Mellor Libro Galego do Ano, Premio da Crítica, Premio Mellor Libro do Ano Libreiros de Madrid, Premio da Crítica Galega, Premio Losada Diéguez, Premio da Asociación de Escritores en Lingua Galega; ?Todo é silencio? (2010), ?As voces baixas? (2012) e ''O último día de Terranova'' (2015). Reuniu todos os seus contos no volume ?O máis estraño? (2011). Tamén é autor dunha extensa obra xornalística e poética en lingua galega. Para o público infantil ten publicados os contos ?O sombreiro Chichiriteiro? (2009), ?O raposo e a mestra? (2013) e ?Bala Perdida? (1997, Xerais, 2016). En 2015 publicou o poemario ?A boca da terra?.

Otros libros en NARRATIVA

También te pueden interesar