Curso de lingüística xeral

Autor: Saussure, Ferdinand de

Sección: FILOLOGÍA - Lengua

Curso de lingüística xeral

Curso de lingüística xeral

20,00€ IVA INCLUIDO

Editorial:
-
Publicación:
01/08/2005
Colección:
ENSAIO
Ver ficha completa

NO DISPONIBLE

Sinopsis

Na liña de situarmos a cultura galega no mesmo nivel que outra do seu contorno, Edicións Laiovento congratúlase en presentar ao público lector de Galiza unha referencia básica no pensamento contemporáneo, cal é este Curso de lingüística xeral de Ferdinand de Saussure. A obra, publicada postumamente polos seus discípulos Charles Bally e Albert Sechehaye en 1916 baseándose nos apuntamentos dalgúns …

Na liña de situarmos a cultura galega no mesmo nivel que outra do seu contorno, Edicións Laiovento congratúlase en presentar ao público lector de Galiza unha referencia básica no pensamento contemporáneo, cal é este Curso de lingüística xeral de Ferdinand de Saussure. A obra, publicada postumamente polos seus discípulos Charles Bally e Albert Sechehaye en 1916 baseándose nos apuntamentos dalgúns alumnos, marca un fito na investigación sobre o fenómeno lingüístico, pois supón o nacemento da lingüística como ciencia: conceptos tan recorrentes e até tan contestados na literatura especializada como sincronía e diacronía, lingua e fala, signo lingüístico, significante e significado, lingüística interna e lingüística externa, relacións paradigmáticas e relacións asociativas etc., deben a Saussure, en boa medida, a súa circulación, e son, desde as diferentes perspectivas con que os entenderon os lingüistas posteriores, nocións fundamentais para a reflexión lingüística. A rigorosa tradución, realizada por Xosé Manuel Sánchez Rei, vai acompañada dun estudo introdutorio, tamén feito por este autor, sobre a figura e obra de Saussure, o estado da especulación científica na altura e a situación da lingua e da lingüística galega na época en que sae do prelo a primeira edición do Curso. Edicións Laiovento aspira con esta publicación a reivindicar, en galego, a relevancia que tivo o Curso de lingüística xeral de Ferdinand de Saussure para a modernización das pesquisas de carácter lingüístico, sen cuxo legado se non podería comprender o desenvolvemento da lingüística ao longo do século XX.
Leer más

Más libros de Saussure, Ferdinand de

Más información del libro

Curso de lingüística xeral

Editorial:
-
Fecha Publicación:
Formato:
Bolsillo tapa blanda
ISBN:
978-84-8487-077-7
EAN:
9788484870777
Nº páginas:
0
Colección:
ENSAIO
Lengua:
GALLEGO
Alto:
210 mm
Ancho:
140 mm
Sección:
FILOLOGÍA
Sub-Sección:
Lengua

Otros libros en FILOLOGÍA

También te pueden interesar