A HORA DE ESPERTARMOS XUNTOS

A HORA DE ESPERTARMOS XUNTOS

Autor: URIBE, KIRMEN

Sección: NARRATIVA - Novela General

A HORA DE ESPERTARMOS XUNTOS

A HORA DE ESPERTARMOS XUNTOS

22,00€ IVA INCLUIDO

Editorial:
XERAIS - ANAYA
Publicación:
29/06/2017
Colección:
EDICIÓN LITERARIA - NARRATIVA
Ver ficha completa

NO DISPONIBLE

Sinopsis

A Karmele Urresti a Guerra Civil sorpréndea na súa Ondarroa natal. Mentres a poboación foxe ao exilio, ela decide quedar curando os feridos e tratando de liberar o seu pai, que foi encarcerado. Ao remate da guerra debe abandonar a súa terra e partir cara a Francia, onde pasa a formar parte da embaixada cultural vasca. Alí coñece ao que …

A Karmele Urresti a Guerra Civil sorpréndea na súa Ondarroa natal. Mentres a poboación foxe ao exilio, ela decide quedar curando os feridos e tratando de liberar o seu pai, que foi encarcerado. Ao remate da guerra debe abandonar a súa terra e partir cara a Francia, onde pasa a formar parte da embaixada cultural vasca. Alí coñece ao que será o seu home, o músico Txomin Letamendi. Xuntos percorren media Europa até que, a piques de caer París en mans dos alemáns, foxen a Venezuela. Xaora, a Historia irrompe de novo na súa vida. Cando Txomin decide sumarse aos servizos secretos vascos, a familia regresa en plena Segunda Guerra Mundial a Europa, onde el realiza labores de espionaxe contra os nazis até que é apresado en Barcelona, baixo unha ditadura á que non sobrevivirá. Karmele terá que arriscar a súa vida e partir, soa desta volta, coa esperanza cega de quen deixa atrás o máis prezado. " A hora de espertarmos xuntos " é a gran novela sobre a historia vasca, española e europea desde o século XX até os nosos días.
Leer más

Más libros de URIBE, KIRMEN

Todos los libros de URIBE, KIRMEN

Más información del libro

A HORA DE ESPERTARMOS XUNTOS

Editorial:
XERAIS - ANAYA
Fecha Publicación:
Formato:
Normal tapa blanda (libros)
ISBN:
978-84-9121-237-9
EAN:
9788491212379
Nº páginas:
360
Colección:
EDICIÓN LITERARIA - NARRATIVA
Lengua:
GALLEGO
Alto:
220 mm
Ancho:
145 mm
Sección:
NARRATIVA
Sub-Sección:
Novela General
Kirmen Uribe (Ondarroa, Biscaia, 1970), licenciado en Filoloxía Vasca, cursou estudos de posgrao en Literatura Comparada en Trento. Considerado un dos máximos renovadores do panorama literario en éuscaro, é autor de proxectos multimedia nos que, en colaboración con músicos e artistas plásticos e audiovisuais, combina a literatura con diferentes disciplinas artísticas. Participou en numerosos encontros internacionais de literatura en Europa, Asia e América, e publicou en revistas de prestixio como " The New Yorker " . A publicación en 2001 dos seu libro de poemas " Bitartean heldu eskutik " (?Mentres tanto dáme a man?) supuxo, segundo a crítica, unha ?revolución tranquila? na literatura euscalduna, recibindo o Premio da Crítica e sendo traducido a diversas linguas. Como narrador deuse a coñecer con " Bilbao-New York-Bilbao " (2008, Xerais 2010), novela que recibiu o Premio da Crítica 2008, o Premio da Fundación Ramón Ruibal á obra artística do ano 2008, o Premio do Gremio de Libreiros de Euskadi e o Premio Nacional de Narrativa 2009. Despois publicou as novelas " Mussche " ( " O que move o mundo " , 2012, Xerais 2018) e " Elkarrekin esnatzeko ordua " ( " A hora de espertarmos xuntos " , 2016, Xerais 2017).

Otros libros en NARRATIVA

También te pueden interesar