BILBAO-NEW YORK-BILBAO

BILBAO-NEW YORK-BILBAO

Autor: Uribe, Kirmen

Sección: NARRATIVA - Novela General

BILBAO-NEW YORK-BILBAO

BILBAO-NEW YORK-BILBAO

17,00€ IVA INCLUIDO

Editorial:
XERAIS - ANAYA
Publicación:
25/03/2010
Colección:
EDICIÓN LITERARIA - NARRATIVA
Ver ficha completa

NO DISPONIBLE

Sinopsis

Bilbao-New York-Bilbao relata un voo entre o aeroporto de Bilbao e o JFK de Nova York. O autor viaxa no avión e durante a travesía dá conta tanto do proceso de creación da novela que está escribindo como das súas propias dúbidas. A novela aborda a historia de tres xeracións dunha mesma familia. A primeira, a de preguerra, protagonizada polo …

Bilbao-New York-Bilbao relata un voo entre o aeroporto de Bilbao e o JFK de Nova York. O autor viaxa no avión e durante a travesía dá conta tanto do proceso de creación da novela que está escribindo como das súas propias dúbidas. A novela aborda a historia de tres xeracións dunha mesma familia. A primeira, a de preguerra, protagonizada polo seu avó e os membros dunha xeración de artistas moi liberais e ideoloxicamente transversais. A segunda, a da época franquista, centrada nos pais, relata os afáns de pesca industrial en Escocia. E, por último, a xeración actual, a súa, retratada pola voz do propio autor. Como pano de fondo de toda a obra aparece o Atlántico e a perda dunha forma de vida vinculada ao mar. Unha novela multipremiada e aclamada de xeito unánime, na que empregando os recursos da autoficción e das novas formas de contar se exploran os límites da ficción contemporánea. " Bilbao-New York-Bilbao supón unha mudanza de canon na literatura vasca. " (Jon Kortazar, Cuadernos Hispanoamericanos) " Unha pastilla de chocolate feita da mellor literatura " (Ana Arregui, Gara)
Leer más

Más libros de Uribe, Kirmen

Todos los libros de Uribe, Kirmen

Más información del libro

BILBAO-NEW YORK-BILBAO

Editorial:
XERAIS - ANAYA
Fecha Publicación:
Formato:
Normal tapa blanda (libros)
ISBN:
978-84-9914-100-8
EAN:
9788499141008
Nº páginas:
208
Colección:
EDICIÓN LITERARIA - NARRATIVA
Lengua:
GALLEGO
Alto:
220 mm
Ancho:
150 mm
Sección:
NARRATIVA
Sub-Sección:
Novela General
Kirmen Uribe (Ondarroa, Biscaia, 1970), licenciado en Filoloxía Vasca, cursou estudos de posgrao en Literatura Comparada en Trento. Considerado un dos máximos renovadores do panorama literario en éuscaro, é autor de proxectos multimedia nos que, en colaboración con músicos e artistas plásticos e audiovisuais, combina a literatura con diferentes disciplinas artísticas. Participou en numerosos encontros internacionais de literatura en Europa, Asia e América, e publicou en revistas de prestixio como " The New Yorker " . A publicación en 2001 dos seu libro de poemas " Bitartean heldu eskutik " (?Mentres tanto dáme a man?) supuxo, segundo a crítica, unha ?revolución tranquila? na literatura euscalduna, recibindo o Premio da Crítica e sendo traducido a diversas linguas. Como narrador deuse a coñecer con " Bilbao-New York-Bilbao " (2008, Xerais 2010), novela que recibiu o Premio da Crítica 2008, o Premio da Fundación Ramón Ruibal á obra artística do ano 2008, o Premio do Gremio de Libreiros de Euskadi e o Premio Nacional de Narrativa 2009. Despois publicou as novelas " Mussche " ( " O que move o mundo " , 2012, Xerais 2018) e " Elkarrekin esnatzeko ordua " ( " A hora de espertarmos xuntos " , 2016, Xerais 2017).

Otros libros en NARRATIVA

También te pueden interesar