Ánxel Fole. 101 anécdotas

ÁNXEL FOLE. 101 ANÉCDOTAS

Autor: Vega, Ángel de la

Sección: FILOLOGÍA - Literatura

Ánxel Fole. 101 anécdotas

Ánxel Fole. 101 anécdotas

15,20€ IVA INCLUIDO

Editorial:
XERAIS - ANAYA
Publicación:
18/07/2003
Colección:
EDICIÓN LITERARIA - CRÓNICA - Memoria
Ver ficha completa

NO DISPONIBLE

Sinopsis

Este libro do xornalista lucense Ángel de la Vega recolle cento e unha anécdotas tiradas da súa longa amizade con Ánxel Fole. Anécdotas, en moitos casos, contadas por Fole, outras vividas a súa beira e un bo feixe referidas por amigos e compañeiros do xornal " El Progreso " ou de " Hoja del Lunes de Lugo " , onde …

Este libro do xornalista lucense Ángel de la Vega recolle cento e unha anécdotas tiradas da súa longa amizade con Ánxel Fole. Anécdotas, en moitos casos, contadas por Fole, outras vividas a súa beira e un bo feixe referidas por amigos e compañeiros do xornal " El Progreso " ou de " Hoja del Lunes de Lugo " , onde eles traballaban. Anécdotas que desvelan a personalidade do escritor e unha gracia de seu, deixando un ronsel de agudo enxeño, moi característico deste mestre do humorismo e da fábula de quen conmemoramos o centenario do seu nacemento. Anécdotas de Fole que se refiren a súa infancia, a súa mocidade, ás tirapuxas que sucedían cos seus compañeiros, ás súas viaxes en automóbil cos amigos, ás comidas que lle servían para contar e fabular, ao seu xeito de escribir, ás lembranzas de triunfadores e vencidos... Con todo, máis que a personalidade, máis que a súa vida, máis que a biografía, estas cento e unha anécdotas descubren a verdadeira alma do escritor: O Fole fabulador, o Fole humano. Neste libro está a outra vida foleana.
Leer más

Más información del libro

Ánxel Fole. 101 anécdotas

Editorial:
XERAIS - ANAYA
Fecha Publicación:
Formato:
Normal tapa blanda (libros)
ISBN:
978-84-9782-037-0
EAN:
9788497820370
Nº páginas:
136
Colección:
EDICIÓN LITERARIA - CRÓNICA - Memoria
Lengua:
GALLEGO
Alto:
220 mm
Ancho:
145 mm
Sección:
FILOLOGÍA
Sub-Sección:
Literatura
ÁNGEL DE LA VEGA (Ángel Martínez Fernández de la Vega) (Friol, 1931) é xornalista. En 1958 entrou na redacción de El Progreso de Lugo, medio no que foi redactor xefe, durante vintecinco anos, ata a súa xubilación no ano 1995. Foi fundador e director de Hoja del Lunes de Lugo e director durante vinteseis anos de Heraldo de Vivero. Foi correspondente de diferentes xornais (Ya, Informaciones, Pueblo, El Ideal Gallego, La Región Internacional), así como das axencias Europa Press e Logos. Membro da Asociación da Prensa de Lugo, da que foi vicepresidente e secretario, recibiu en 1996 a súa medalla de ouro. En 1995 foi nomeado " Lucense do ano " . É autor dunha guía turístico-literaria sobre Friol, a súa vila natal, e participou en 1997 como poñente do Congreso sobre Ánxel Fole, con quen mantivo unha estreita amizade ao longo de corenta anos.

Otros libros en FILOLOGÍA

También te pueden interesar