Saltar al contenido principal
A Cabra Boba (G) (Cartone)

A Cabra Boba (G) (Cartone)

Bruno,Pep / Olmos,Roger

Despois de a buscar por toda a aldea, Miguel atopou a súa cabra subida no tellado. Pensará que é un catavento?, ou unha cheminea?, ou quizais un gato?, preguntábase Miguel. E coa axuda dunhas flores, un libro de contos e unha presada de sal (o sal gústalles ás cabras máis que os xeados aos nenos), a cabra boba regresou ao seu lugar. Cóntanos o autor, lembrando a súa infanci...

Editorial:
Oqo Editora
Año de edición:
2016
ISBN:
978-84-9871-499-9
Encuadernación:
Cambiar formato
13,50 €
IVA incluído
Añadir a favoritos Consulta disponibilidad

Sinopsis

Despois de a buscar por toda a aldea, Miguel atopou a súa cabra subida no tellado. Pensará que é un catavento?, ou unha cheminea?, ou quizais un gato?, preguntábase Miguel. E coa axuda dunhas flores, un libro de contos e unha presada de sal (o sal gústalles ás cabras máis que os xeados aos nenos), a cabra boba regresou ao seu lugar. Cóntanos o autor, lembrando a súa infancia, que nas casas do lugar había dúas ou tres cabras. Polas mañás, cando os nenos ían á escola, levaban as cabras canda eles e deixábanas co cabreiro na praza. O cabreiro ía para o monte e os nenos para a escola. Ao acabar o día, os cativos recollían as súas cabras ?aínda que, algunha volvía soa para o curral. Así, a cabra regresaba co bandullo cheo, preparada para dar leite, e os nenos coa cabeza tamén chea, mais de cousas que aprenderan na escola. A cabra boba ?ou lista, segundo se mire? deste conto nace do coñecemento e da observación do mundo rural, e constitúe unha fórmula indirecta para se achegar e comprender a cara fantástica da realidade. A cabra de Miguel xa non está co cabreiro. Se cadra, marchou para o curral... Miguel búscaa por todas partes, e atópaa nun lugar inesperado. A aventura termina dun xeito cómico e sorprendente que desvela a ilustración. Mediante recursos esenciais da narración oral (onomatopeas, diálogos, repeticións?), Pep Bruno crea unha historia ideal para contárllela aos máis pequenos antes de durmiren. Un conto co texto imprescindible, e que ten un valioso apoio no poder narrativo da secuencia visual. Roger Olmos preséntanos imaxes con perspectivas moi eficaces para guiaren a acción e asimilarmos conceptos espaciais que marcan o ritmo da narración. Os debuxos, dinámicos e caricaturescos, destilan comicidade e información estimulante para a imaxinación, e converten A cabra boba nun libro que conecta igualmente con lectores doutras idades.

También te puede interesar

Un Amor Tan Grande

Un Amor Tan Grande

Diaz Reguera, Raquel

¿Cómo se mide el amor de mamá? Un amor tan grande no cabe en la maleta de un gigante, ni en el sombrero de un elefante ni en un beso de la luna. Tampoco puede guardarse en ningún sitio. Bueno, sí. Solo hay un sitio donde cabe tanto amor. ...

15,90 €

El Libro Negro de los Colores

El Libro Negro de los Colores

Cottin, Menena

Tomás no puede ver los colores. Pero el rojo le sabe ácido como la fresa y dulce como la sandía, el amarillo le huele a girasol y le hace cosquillas en el estómago, y el negro es el más bonito de todos porque es el color del cielo de noche, lleno de estrellas. Desde la oscuridad de sus ojos, Tomás invita a descubrir que los colores no solo se ven: se tocan, se huelen, se sabore...

15,50 €

Río, la Perrita Negra

Río, la Perrita Negra

Lee, Suzy

Inspirado en un episodio real, este libro narra el conmovedor encuentro de la autora y sus hijos con un cachorro maltratado que llega a sus vidas sin haber conocido otra cosa que el hambre, la sed y el cruel encierro en una jaula. Junto a sus nuevos dueños el animal recibirá algo más importante que cuidados y alimento: los juegos en compañía, la libertad vivida en plena natural...

15,90 €

Daniela Pirata e o Barco Pantasma

Daniela Pirata e o Barco Pantasma

Isern, Susanna

Din que o barco pirata do capitán Púrpura contén un inmenso tesouro. Daniela non vai parar ata atopalo. E cando o fai, leva unha enorme sorpresa! Conta a lenda que o barco pirata do capitán Púrpura arrastra un banco néboa xigantesco e que no seu interior hai incontables riquezas. Daniela e a tripulación do Caimán Negro encóntranse con el nas costas de Illa Dourada. Hai unha bru...

15,90 €

El Regal Més Bonic del Món

El Regal Més Bonic del Món

Olivé Obradors, Mireia

El petit ratolí busca i rebusca per tot el bosc el regal més bonic per a la mare: què pot regalar-li per demostrar-la quant lestima? Potser una pinya ben plena de pinyons? O una preciosa flor? O una ploma llampant? Però quan arriba el dia de laniversari, res surt com ell espera Com farà el petit ratolí per mostrar-li el seu amor? Un conte universal sobre la tendresa i lamor in...

16,95 €

Colores

Colores

Deuchars, Marion

¿Y si aprender sobre el color fuera tan divertido como jugar? Este libro de actividades invita a descubrir todo lo que podemos hacer con colores cuando nos atrevemos a experimentar con ellos. Mezclar, superponer, contrastar, manchar, difuminar, combinar... cada página propone una nueva forma de explorar el color mientras dibujamos, pintamos y creamos. Con más de 30 actividades ...

19,95 €

Otros libros del autor

Mejores Amigos

Mejores Amigos

Olmos,Roger

14,00 €