A Casa Enmeigada
Jan Pienkowski
Malia a aparente falla de texto, este libro ten infinitas capas de lectura. En primeiro lugar, os troquelados e lapelas que conforman a súa aparencia, obra mestra do enxeñeiro papirofléxico Tor Lokvig. Tardarás anos en descubrir cada pequeno detalle que autor e enxeñeiro argallaron para a lectura. En segundo lugar a relación entre os dous ratos e o gato, presentes en cada páxin...
Sinopsis
Malia a aparente falla de texto, este libro ten infinitas capas de lectura. En primeiro lugar, os troquelados e lapelas que conforman a súa aparencia, obra mestra do enxeñeiro papirofléxico Tor Lokvig. Tardarás anos en descubrir cada pequeno detalle que autor e enxeñeiro argallaron para a lectura. En segundo lugar a relación entre os dous ratos e o gato, presentes en cada páxina, a modo de xogo permanente de busca e captura. En terceiro lugar, a linguaxe visual das ilustracións cóntanos moitas máis historias ocultas, como a chegada progresiva dos alieníxenas, a relación entre as criaturas que habitan na casa, e todas as referencias literarias no eido do terror clásico universal. É un libro cun final triste (depende para quen), que reta a perniciosa tendencia actual do positivismo permanente e a sobreprotección da infancia. Unha reflexión necesaria e actual que nos berra desde o ano 1979, ano da súa primeira publicación, a necesidade de tratar temas fundamentais na literatura infantil, como o medo ou a cadea alimentaria, por moito que nos gusten os ratiños protagonistas. Cómpre reparar na intervención na tradución da tradutora Laura Sáez que ante a neutralidade do inglés no termo Doctor opta por empregar a forma feminina doutora, normalizando profesións e actitudes desde unha posición intervencionista na tradución pero non moralista no contido.
Comentarios
Sé el primero en comentar este libroArtículos relacionados
Otros libros del autor