As Covas de Galicia
Fernandez De La Cigoña, Estanislao (Autor / A)
Estanislao Fernández de la Cigoña preséntanos un libro sobre As cavas de Galicia, unha guía práctica para visitar as covas, grutas, furnas, bocas, palas, buratos, buracas, cavernas e arcas das terras galegas con noticia das súas características e da fauna que encerran. É o engaiolante mundo das tebras, dos morcegos, de todo o que vive nesas longas e ás veces perigosas covas sub...
Sinopsis
Estanislao Fernández de la Cigoña preséntanos un libro sobre As cavas de Galicia, unha guía práctica para visitar as covas, grutas, furnas, bocas, palas, buratos, buracas, cavernas e arcas das terras galegas con noticia das súas características e da fauna que encerran. É o engaiolante mundo das tebras, dos morcegos, de todo o que vive nesas longas e ás veces perigosas covas subterráneas de Galicia, o espacio das estalactitas e as estalagmitas, do sal e do xeso, das correntes interiores. As covas naturais e as feitas pola intervención do home. Trátase dun libro de lectura doada mesmo para os que non son afeccionados á espeleoloxía, escrito a partir da experiencia persoal. Un libro que recolle e fala das principais covas galegas: as míticas dos mouros, as furnas da beiramar, as relixiosas e de bandoleiros, a sonada cova do Rei Cintolo, a de Montefurado, as do Incio, as atlánticas, as do Courel, as de Valdeorras, as cavas fluviais. De todas elas trata este libro apaixonante.
Comentarios
Sé el primero en comentar este libroArtículos relacionados