Campos en Cuba,
Jaraba, Fran
Tras Â"Cita na HabanaÂ", o libro de cómic onde Fran Jaraba deu a coñecer o personaxe de Maxi Torres, aparece Â"Campos de CubaÂ", álbum onde se narran novos episodios do alzamento independentista cubano de febreiro de 1897. Daquela o goberno español enviara case douscentos mil soldados á illa de Cuba para intentar sufocar a rebelión independentista. Un deles é o compostelán Maxi...
Sinopsis
Tras Â"Cita na HabanaÂ", o libro de cómic onde Fran Jaraba deu a coñecer o personaxe de Maxi Torres, aparece Â"Campos de CubaÂ", álbum onde se narran novos episodios do alzamento independentista cubano de febreiro de 1897. Daquela o goberno español enviara case douscentos mil soldados á illa de Cuba para intentar sufocar a rebelión independentista. Un deles é o compostelán Maxi Torres, estudante golfo, poeta impublicado e ilustre idiota, segundo a súa propia definición. A estes títulos engádese agora o de desertor. Maxi vive na Habana baixo unha falsa identidade. No comezo desta aventura é capturado polos seus antigos compañeiros de exército e levado á fortaleza do Morro, onde está a agardalo un consello de guerra con trámite previo a un máis que probable fusilamento. Pero Maxi vaise rebelar contra o seu destinoÂ... cunha pequena axuda dos seus amigos. Tamén entrará en contacto con Chinito, un xefe mambí que anda argallando unha importante operación que pretende cambiar o curso da guerra. Ao remate, vai ser Maxi quen intente cambiar o curso da operación de Chinito.Campos de Cuba é, pois, a segunda entrega da serie que Fran Jaraba iniciara en 2000 con Â"Cita na HabanaÂ". Froito de catro anos de demorado e conciezudo traballo este novo libro de cómic supón a consolidación definitiva desta serie de Jaraba como a máis importante das publicadas ata hoxe en lingua galega.
Comentarios
Sé el primero en comentar este libroArtículos relacionados
Otros libros del autor