Canto de Nadal
Innocenti, Roberto / Dickens, Charles
-E que lle queres -respondeu o tío- se vivo nun mundo de tolos coma este? Bo Nadal! Xa está ben de Nadal! Para ti que é o Nadal, á parte dunha época para pagar facturas sen ter cartos; unha época en que descobres que es un ano máis vello e nin sequera un chisco máis rico; unha época para facer balance da contabilidade e encontrar todos os gastos de doce meses a deber? Se aquí m...
Sinopsis
-E que lle queres -respondeu o tío- se vivo nun mundo de tolos coma este? Bo Nadal! Xa está ben de Nadal! Para ti que é o Nadal, á parte dunha época para pagar facturas sen ter cartos; unha época en que descobres que es un ano máis vello e nin sequera un chisco máis rico; unha época para facer balance da contabilidade e encontrar todos os gastos de doce meses a deber? Se aquí mandase eu -dixo Scrooge indignado-, a todos eses idiotas que andan por aí con iso de «bo Nadal» na boca habían de queimalos vivos e enterralos cunha estaca de acivro chantada no corazón. Ala! -Tío! -queixouse o sobriño. -Sobriño! -respondeulle o tío de mal xenio-. Ti queda co teu Nadal e a min déixame co meu. -Co seu Nadal! -replicou o sobriño de Scrooge-. Pero se vostede non celebra o Nadal. Ambientado en Londres na época victoriana, "Canto de Nadal" é un clásico inesquecible da literatura universal ilustrado por un dos máis prestixiosos artistas internacionais. KALANDRAKA preséntao nunha coidada edición para gozar dunha lectura que enxalza o espírito navideño. Os tres Fantasmas do Nadal Pasado, Presente e Futuro revelaranlle ao avaro Scrooge canta cobiza, desprezo, soidade e desamor están a arruinar a súa vida
Comentarios
Sé el primero en comentar este libroArtículos relacionados
Otros libros del autor