Chiloe, Unha Ollada Compartida
Abalo Abalo, J.luis / Blanco Amor, Eduardo
Precedido por Chiloé, de Eduardo Blanco Amor En 2006, o fotógrafo José Luis Abalo baixa do transbordador que une o territorio continental de Chile con Chiloé. Desde moitos anos antes, sentía a mesma fascinación por esa illa do Océano Pacífico que describe Eduardo Blanco Amor no seu libro Chile a la vista. Unha ollada compartida que das verbas do autor de A esmorga pasa ás fotog...
Sinopsis
Precedido por Chiloé, de Eduardo Blanco Amor En 2006, o fotógrafo José Luis Abalo baixa do transbordador que une o territorio continental de Chile con Chiloé. Desde moitos anos antes, sentía a mesma fascinación por esa illa do Océano Pacífico que describe Eduardo Blanco Amor no seu libro Chile a la vista. Unha ollada compartida que das verbas do autor de A esmorga pasa ás fotografías deste libro. Unha paisaxe que, desde a pura intuición, semella a dunha Galicia austral. Verdes outeiros, campos cheos de xestas, pequenos golfos e enseadas facilmente asimilables a calquera ría galega. Leiras e praias onde as vacas pastan ceibas. Chiloé refíctese nas fotografías de Abalo co pulo de todas as xeografías arcanas que cómpre descifrar e onde conflúen liñas do tempo e horizontes. Os habitantes levan dentro de si a unión de América coas terras galegas dos seus devanceiros. Os mesmos nomes de lugar, idénticas miradas, semellantes anceios de progreso.
Comentarios
Sé el primero en comentar este libroArtículos relacionados
Otros libros del autor