Citizen Gallego
Chevere
Que historias nos corresponde contar a nós enriba dun escenario? Como as debemos contar? Porque a de Zara era unha historia xunto á que medramos e que acadara unha dimensión global. Era ao mesmo tempo un caso de éxito individual e a confirmación do fracaso colectivo como país... [Fragmento do limiar de Xesús Ron: "A extrema sinxeleza do teatro"] "Citizen" é teatro de texto, tea...
Sinopsis
Que historias nos corresponde contar a nós enriba dun escenario? Como as debemos contar? Porque a de Zara era unha historia xunto á que medramos e que acadara unha dimensión global. Era ao mesmo tempo un caso de éxito individual e a confirmación do fracaso colectivo como país... [Fragmento do limiar de Xesús Ron: "A extrema sinxeleza do teatro"] "Citizen" é teatro de texto, teatro documental, performance, comedia, audiovisual. Esta obra pregúntase onde empeza a realidade e onde remata a ficción. É o que para Chévere significa facer teatro aquí e agora. Trátase dunha ficción baseada na figura de Amancio Ortega, que nos últimos 40 anos creou un imperio global afincado en Galicia, na periferia do sistema económico. Con este trasfondo, "Citizen" é unha oportunidade para reflexionar, ironizar e cuestionar os efectos da globalización en relación coas nosas identidades individuais e colectivas.
Comentarios
Sé el primero en comentar este libroArtículos relacionados
Otros libros del autor