Saltar al contenido principal
Contos Da Coruña

Contos Da Coruña

Souto, Xurxo

Xurxo Souto convida aos lectores de Contos da Coruña a unha apaixonante viaxe ao fondo da memoria desta cidade e dos seus barrios populares, As Xubias, Eirís, Os Castros, A Gaiteira, Oza, O Montiño, Monelos, Elviña, Fontán, San Roque, O Labañou, que resumo son da Galicia toda. A Coruña que Xurxo Souto contempla colectivamente tracexada como unha cidade de músicos e navegantes, ...

Editorial:
Xerais - Anaya
Año de edición:
2007
ISBN:
978-84-9782-633-4
Páginas:
240
Encuadernación:
Normal tapa blanda (libros)
20,95 €
IVA incluído
Añadir a favoritos Consulta disponibilidad

Sinopsis

Xurxo Souto convida aos lectores de Contos da Coruña a unha apaixonante viaxe ao fondo da memoria desta cidade e dos seus barrios populares, As Xubias, Eirís, Os Castros, A Gaiteira, Oza, O Montiño, Monelos, Elviña, Fontán, San Roque, O Labañou, que resumo son da Galicia toda. A Coruña que Xurxo Souto contempla colectivamente tracexada como unha cidade de músicos e navegantes, entre o palco da festa e o peirao do Muro, polo toque do acordeón e o golpe de mar. Xurxo Souto descúbrenos unha cidade inédita para os medios de comunicación: a Coruña como unha cidade atlántica (onde sopra o vento de Nova York), enxebre e cosmopolita; como unha pedra chantada no océano; como unha cidade que naceu do mar e no mar ha ter o seu futuro. Contos da Coruña é un primeiro e único manual de épica cascarilleira. Velaquí as grandes historias de heroes anónimos da Coruña como o Periquete, o patrón máis novo que mandou un pesqueiro de altura; os percebeiros da Punta Herminia; Pucho Boedo e Sito Sedes, cantantes preciosistas; o ciclista Clemente; ou Manuel Cajaraville, o gran bailador de Aturuxo e Cantigas da Terra. Velaquí un periplo tasqueiro insólito, que nos leva dende o Bar Los Claveles, sede do esplendor da tapa de orella prensada, ata A Toquera, refuxio de mariñeiros, ou á apoteose de os Peteras dos Belés, taberna fermosa no medio das torres de Monelos. Velaquí un libro que recolle tamén a primeira antoloxía do cantigueiro cascarilleiro, inzada de emocionantes repichocas e cantareas de historias lindas da memoria popular. Contos da Coruña é, pois, un convite fraternal para armar un poderoso periplo tasqueiro no que procurar toda a xenerosidade gastronómica das nosas comarcas e das terras estremeiras de Galicia, agora felizmente cartografadas nos bares, tascas, baiucas e adegas do vello plano da Cidade do faro. Contos que arroutan o peito e aclaran a gorxa para nos dicir quen somos e que facemos neste curruncho da Humanidade ao que ben chamamos Galicia.

Artículos relacionados

Aleph, el

Aleph, el

Borges, Jorge Luis

DEL LABERINTO SE SALE LEYENDO «Uno no es lo que es por lo que escribe, sino por lo que ha leído». «[En un período de bloqueo creativo] únicamente podía leer a Borges».Han Kang «El centro del canon de la literatura latinoamericana es Borges y si me apuran, de la literatura en lengua española. [...] Cervantes, Quevedo, Borges: así de bestia es el salto».Roberto Bolaño «... vi el ...

19,90 €

Las Mejores Historias Sobre Perros

Las Mejores Historias Sobre Perros

Aa.vv.

«Todo el conocimiento, la totalidad de preguntas y respuestas se encuentran en el perro».Franz Kafka «Todos los hombres son dioses para su perro. Por eso hay gente que ama más a sus perros que a los hombres».Aldous Huxley Que el perro sea o no el mejor amigo del hombre, según un antiguo dicho, posiblemente está todavía por comprobar. Lo que sí se sabe con certeza es que las rel...

19,95 €

Encara Hi Són Tots

Encara Hi Són Tots

N¡ Chuinn, Liadan

Un jove estudiant danatomia no pot apartar la mirada dun cadàver. Una nena passa els dies en un autobús de dos pisos. Apareixen rams de flors a les sales dun museu. Una mare mor i deixa una taca de sang a la catifa: tot i que ningú no en parli, tots saben que ella encara és allà. Ambientats al nord dIrlanda, els relats dEncara hi són tots parlen de mares i pares, fills i germa...

19,90 €

Cuentos Selectos

Cuentos Selectos

Scott Fitzgerald, Francis

En una carta a su editor, Harold Ober, Francis Scott Fitzgerald le explicaba que concebía sus relatos como si fueran novelas. No se refería a la extensión, naturalmente, ni a la complejidad de la trama, sino a las emociones que debían provocar, a su intención y capacidad de conmover a los lectores. Tal vez esta explicación encierra la clave de su modo de concebir relatos: los m...

17,50 €

Primera Persona

Primera Persona

Garcia Robayo, Margarita

Once relatos autobiográficos que se adentran en los territorios más íntimos para cuestionar los mitos que solemos dar por intocables. En esta colección de once narraciones autobiográficas escritas entre 2011 y 2025, Margarita García Robayo se adentra en los territorios más íntimos para cuestionar los mitos que solemos dar por intocables padre, madre, familia, hogar, intimidad, ...

18,90 €

Les Lents Blaves

Les Lents Blaves

Du Maurier, Daphne

Amb la intenció devitar que es quedi cega del tot, els metges decideixen operar durgència la Marda West. Quan es desperta de lanestèsia, abans de poder comprovar el resultat de la intervenció, la Marda haurà de passar uns quants dies de repòs, sempre amb una bena als ulls, en una agradable clínica on cada dia la visita el seu marit. Privada temporalment de la visió i avorrida d...

15,00 €

Otros libros del autor

A Novela Do Bravu

A Novela Do Bravu

Souto, Xurxo

Isto non é (só) un libro de música. Velaquí a experiencia colectiva dun fato de xente nova que, nos anos noventa, decidiu saír do rego do discurso dominante e -co poder da lingua galega- dialogar con vehemencia coa súa propia realidade. Proclama que transcendeu dende as marxes e deixou pegada en toda a súa xeración. A ruta continúa. Porque, como dixo Miguel Anxo Murado: «Na ant...

24,95 €

Somos un Pobo de Artistas

Somos un Pobo de Artistas

Souto, Xurxo

O primeiro monumento da literatura galega son as cantigas medievais. Os Cantares Gallegos de Rosalía son o gran referente do Rexurdimento. Cantigas e cantares. Non obstante, a música sempre estivo ausente nas clases de literatura. En 1999 Luísa Villalta publicou O outro lado da música, a poesía, libro-referente, onde puxo en valor a mutua atracción que senten entre si ambas as ...

18,95 €

O Retorno Dos Homes Mariños

O Retorno Dos Homes Mariños

Souto, Xurxo

Xurxo Souto converteuse, por dereito propio, no narrador que mellor sabe ler o mar galego. En «O retorno dos homes mariños» rescata un mito coruñés esquecido: «Ás veces téñense visto nesta praia algúns peixes da mesma figura que homes e en todo se lles parecen, fóra que teñen mans e pés un pouco tortos por razón de andar sempre nadando como as ras. A estes peixes, por semelláre...

18,95 €

A Gran Travesia de Chiruca Marcallas

A Gran Travesia de Chiruca Marcallas

Souto, Xurxo

O arrastreiro Macallás sae das Arneiras, a cidade da Torre e da area do Berbés. O seu destino: Rockall, rocha perdida, entre Escocia e Islandia. O Con de Marín, tal lle din pola nosa ribeira. Manda na ponte unha muller, Mercedes, patroa de pesca e, antes, famosa vocalista do conxunto ForzA dozZE! É unha marea ben curiosa. Entre lance e lance, a mariñeira heavy vai entrar en tra...

18,95 €

Contos Do Mar de Irlanda

Contos Do Mar de Irlanda

Souto, Xurxo

«As cousas do mar non se contan na terra», dixo o Machín de Muxía. Galiza é unha pedra chantada no Atlántico e un espazo mariño que abrangue todos os océanos. Quizá un mariñeiro do Berbés non saiba onde queda Fonfría, aló arriba na montaña, mais todos saben de Capetón, Cape Town, na fin de África. Un mariñeiro do Muro non saberá, quizá, de Olelas, na raia de Portugal, mais tod...

22,95 €