Conversas con Darío Xohán Cabana. Vida e Escrita
Conversas con Darío Xohán Cabana. Vida e Escrita
Calvo, José Luís
Pertence Darío Xohán Cabana á Grande Xeración de Manuel María e Méndez Ferrín, mais tamén a aquela estirpe clásica de escritores como Dante, Petrarca ou Boccaccio que reviviron os ideais grecolatinos. Neste libro, J.Luis Calvo e Yago Rodríguez Yáñez recollen longas horas de conversas que mantiveron en Romeán cunha das figuras da literatura galega contemporánea que posuíndo ...
Sinopsis
Pertence Darío Xohán Cabana á Grande Xeración de Manuel María e Méndez Ferrín, mais tamén a aquela estirpe clásica de escritores como Dante, Petrarca ou Boccaccio que reviviron os ideais grecolatinos. Neste libro, J.Luis Calvo e Yago Rodríguez Yáñez recollen longas horas de conversas que mantiveron en Romeán cunha das figuras da literatura galega contemporánea que posuíndo múltiples vertentes acrisola cunha solidez e experiencia dificilmente igualables os achados clásicos coas novas tendencias. Vida e Literatura , Poesía , Narrativa e Traducion son algúns dos temas centrais abordados nunha obra que ofrece un acaído retrato humano, literario e político deste escritor de elegante apostura e de compromiso a ultranza coa lingua e cultura galegas e coa loita contra as desigualdes sociais. Unha Cronoloxía e Bibliografía , ademais dun apartado Fotobiográfico completan un volume que constitúe unha formidable achega para un mellor coñecemento dun dos máis recentes membros da Academia Galega.
Comentarios
Sé el primero en comentar este libroTambién te puede interesar
Otros libros del autor