Flop e o Lago
Dubuc, Marianne
As profundidades do lago esconden moitos segredos, pero tamén unha gran valentía. Todos os domingos Flop vai ao lago cos seus irmáns maiores. Mentres eles xogan e nadan na auga, el prefire observar desde a beira. Está seguro de que o fondo esconde segredos inquietantes e non se atreve a nadar. Un día, saltando entre as rochas, un descoido mergúllao nunha incrible aventura que o...
Sinopsis
As profundidades do lago esconden moitos segredos, pero tamén unha gran valentía.
Todos os domingos Flop vai ao lago cos seus irmáns maiores. Mentres eles xogan e nadan na auga, el prefire observar desde a beira. Está seguro de que o fondo esconde segredos inquietantes e non se atreve a nadar. Un día, saltando entre as rochas, un descoido mergúllao nunha incrible aventura que o levará a superar os seus medos e inseguridades.
A aclamada autora e ilustradora canadense Marianne Dubuc asina esta obra sobre o crecemento, a superación dos medos e a autonomía persoal na que o seu protagonista vive unha experiencia transformadora entre o real e o soñado. Unha viaxe a través das profundidades do lago na que terá a oportunidade de aprender a nadar e a gozar da auga.
Un álbum cheo de detalles e de gran formato, ideal para lectores e lectoras a partir de tres anos.
Comentarios
Sé el primero en comentar este libroArtículos relacionados
Otros libros del autor