Imos Buscar un Tesouro
Janosch
-Tamén quero un casco de piloto, unha lámpada vermella para a cama e unhas botas de pel. -Encargaremos uns traxes elegantes e iremos a unha festa -dixo oso pequeno-. Un tango fino, tigre, iso sería... -Imos buscar un tesouro! -dixo tigre pequeno... "Moitas veces, as cousas non son como un pensa. Incluso son ao revés!", díxolles o vello moucho a oso pequeno e tigre pequeno cando...
Sinopsis
-Tamén quero un casco de piloto, unha lámpada vermella para a cama e unhas botas de pel. -Encargaremos uns traxes elegantes e iremos a unha festa -dixo oso pequeno-. Un tango fino, tigre, iso sería... -Imos buscar un tesouro! -dixo tigre pequeno... "Moitas veces, as cousas non son como un pensa. Incluso son ao revés!", díxolles o vello moucho a oso pequeno e tigre pequeno cando se empeñaron en ir á procura da mellor cousa do mundo. Cansaron de facer buratos na terra e de buscar mesmo baixo a auga, por máis que alí só atoparon algas, peixes e lixo. E cando por fin conseguiran os cartos que querían para satisfacer todos os seus caprichos, volveron quedar sen nada. Enganados e roubados, volveron á casa; ata entón viviran moitas aventuras, tamén rifaran entre eles, e non só coñeceran o vello moucho, senón tamén a toupa, o peixe do río, o león dos pantalóns azuis, a pita tola e o burro Petronio.
Comentarios
Sé el primero en comentar este libroTambién te puede interesar
Otros libros del autor