Maasai
Avendaño, Alberto
Esta é unha novela sobre o amor, a guerra e a maxia dun pobo. E se estes temas parecen grandes de máis para un libro pequeno, recoméndase abrilo decontado para vivir unha experiencia única na narrativa galega. Alberto Avendaño lévanos a África e tráenos de volta a nós mesmos. O escritor baseouse en feitos da historia maasai e na vida do Laibon Mbatian, o seu mítico líder espiri...
Sinopsis
Esta é unha novela sobre o amor, a guerra e a maxia dun pobo. E se estes temas parecen grandes de máis para un libro pequeno, recoméndase abrilo decontado para vivir unha experiencia única na narrativa galega. Alberto Avendaño lévanos a África e tráenos de volta a nós mesmos. O escritor baseouse en feitos da historia maasai e na vida do Laibon Mbatian, o seu mítico líder espiritual, para crear unha rede de historias que nos observan e nos cuestionan con profundo humanismo e certo humor que, de non ser maasai, cualificariamos de retranqueiro.
Comentarios
Sé el primero en comentar este libroArtículos relacionados
Otros libros del autor