Ocultos
Gutierrez, Xulio
Camuflados no ecosistema, sofisticadamente mimetizados na terra, na neve, no fondo mariño ou entre a vexetación. Así é como conseguen sobrevivir enganando os seus depredadores e as súas presas. Na natureza todo está en cambio perpetuo. As especies evolucionan mediante a selección natural para adaptarse ao ecosistema no que viven. Pero antes ou despois, o ecosistema tamén cambi...
Sinopsis
Camuflados no ecosistema, sofisticadamente mimetizados na terra, na neve, no fondo mariño ou entre a vexetación. Así é como conseguen sobrevivir enganando os seus depredadores e as súas presas. Na natureza todo está en cambio perpetuo. As especies evolucionan mediante a selección natural para adaptarse ao ecosistema no que viven. Pero antes ou despois, o ecosistema tamén cambia e, como consecuencia, algunhas especies -antes moi ben adaptadas- son incapaces de sobrevivir no novo ambiente e acaban extinguíndose. Mentres, outras máis versátiles ocupan o seu lugar e comezan outra etapa de adaptación ás novas condicións. Nos ecosistemas máis intrincados, como selvas e arrecifes de coral, proliferan animais capaces de ocultarse no contorno. A evolución destas especies favoreceu a produción de adaptacións que lles permiten pasar desapercibidas. Despois de Bocas, Nacer e Construtores, Ocultos céntrase -coas súas soberbias ilustracións- nalgúns dos máis espectaculares exemplos de camuflaxe e mimetismo. En próximas entregas da colección Animais extraordinarios amosaranse as viaxes máis longas e os sentidos máis agudos.
Comentarios
Sé el primero en comentar este libroArtículos relacionados
Otros libros del autor