Onde Nunca e Maña
Manuel Alvarez Torneiro / Gonzalez Pascu
Na súa persistente batalla a favor da vida, o poeta practica o esmero léxico neste novo inventario de latexos, afonda na exquisitez da naturalidade e aproxima os seus versos á cadencia do sermón, coa memoria como faro e meta. Ilustración de cuberta de ALEJANDRO GONZÁLEZ PASCUAL Manuel Álvarez Torneiro segue rastrexando o pasado en Onde nunca é mañá e porfía en facelo dende o ...
Sinopsis
Na súa persistente batalla a favor da vida, o poeta practica o esmero léxico neste novo inventario de latexos, afonda na exquisitez da naturalidade e aproxima os seus versos á cadencia do sermón, coa memoria como faro e meta. Ilustración de cuberta de ALEJANDRO GONZÁLEZ PASCUAL Manuel Álvarez Torneiro segue rastrexando o pasado en Onde nunca é mañá e porfía en facelo dende o compromiso coa exactitude da palabra. A acumulación de memoria é cada vez maior e iso leva o poeta a unha sorte de confesión aínda máis crepuscular. Persisten liñas como o gusto pola reveladora enumeración paradoxal, a exuberancia de imaxes poderosas e un manexo léxico de ourive. Neste poemario, a vella aproximación dos versos á cadencia do sermón busca dun xeito máis claro a exquisitez da naturalidade. Á fin, quen emerxe neste libro é alguén agradecido («ladrón de mel nos libros prohibidos») á caloriña que desprenden os cadros e as músicas dos mellores. Onde nunca é mañá convértese así nun inventario de alentos e latexos a cargo dun home de tantos, teimando sempre na batalla a favor da vida. Esta obra séguelle a Os ángulos da brasa (Premio Ánxel Casal de Poesía 2012, Premio da Crítica Española 2012, Premio de Poesía da Asociación de Escritores en Lingua Galega 2012 e Premio Nacional de Poesía 2013), que vai pola cuarta edición en galego e foi traducida ao castelán por Teresa Seara para Visor Libros.
Comentarios
Sé el primero en comentar este libroArtículos relacionados