Rosalía de Castro
Eva, Alba De
Chega a nova colección de Cumio que homenaxea a figuras importantes da nosa cultura. Os MIUDIÑOS de Cumio achegan a vida de autoras, cantantes, poetas, escritores e artistas de todo tipo ao público infantil. O primeiro título desta colección empeza con Rosalía de Castro escrito por Alba de Evan e Xabier Domínguez, cunhas ilustracións que veñen da man dunha das ilustradoras do m...
Sinopsis
Chega a nova colección de Cumio que homenaxea a figuras importantes da nosa cultura. Os MIUDIÑOS de Cumio achegan a vida de autoras, cantantes, poetas, escritores e artistas de todo tipo ao público infantil. O primeiro título desta colección empeza con Rosalía de Castro escrito por Alba de Evan e Xabier Domínguez, cunhas ilustracións que veñen da man dunha das ilustradoras do momento no noso país: Bea Gregores. A través desta colección, os mais pequenos e pequenas disfrutarán dos BIOPOEMAS: poesías que falan da vida dalguén, da súa personalidade, gustos u do que o fan especial. Un recurso literario que adapta feitos biográficos ao xénero poético. En definitiva, unha vida feita poema. Un libro perfecto para: - Traballar na casa a lectura breve e rimada. - Achegar grandes figuras da nosa cultura aos mais pequenos. - Traballar na aula coas grandes figuras das letras e da arte.
Comentarios
Sé el primero en comentar este libroArtículos relacionados