Saltar al contenido principal
Servicio de Urxencias

Servicio de Urxencias

De Toro, Suso (Autor / A)

A doutora Chus Nespereira, a enfermeira Encarnación Silva, o doutor Paulino Pereiro, o celador Cipriano Vilariño e o doutor Dapena, Xefe do Servicio de Urxencias son os personaxes principais destas desternillantes quince minicomedias de situación que Suso de Toro preparou para televisión e que agora se publican, por vez primeira, recollidas nun libro. Quince guións da serie Ser...

Editorial:
Xerais - Anaya
Año de edición:
2002
ISBN:
978-84-8302-827-8
Páginas:
192
Encuadernación:
Cambiar formato
14,90 €
IVA incluído
Añadir a favoritos Consulta disponibilidad

Sinopsis

A doutora Chus Nespereira, a enfermeira Encarnación Silva, o doutor Paulino Pereiro, o celador Cipriano Vilariño e o doutor Dapena, Xefe do Servicio de Urxencias son os personaxes principais destas desternillantes quince minicomedias de situación que Suso de Toro preparou para televisión e que agora se publican, por vez primeira, recollidas nun libro. Quince guións da serie Servicio de Urxencias, emitida pola TVG en 1989, dirixida por Xaime Fandiño e protagonizada pola desaparecida Marisa Soto, e por Luma Gómez, Manuel Pombal e Antonio Durán Morris. O espacio reducido do servicio de urxencias dun hospital galego, (as cabinas, as salas de agardar dos pacientes e a sala do persoal) serviulle a Suso de Toro para propoñer unha divertida escenificación do teatro da vida: os noivos intoxicados no banquete da súa voda, as propiedades curativas que poden ter os callos, uns vídeos pornos que provocan infartos, o papa Noel duns grandes almacéns que recibe unha boa vareada son algunhas das situacións que se recollen neste libro tinguido de humor e retranca de arriba abaixo. O humor de Suso de Toro, nace da dor, como pensaba Castelao. O humor concibido como unha forma de encaixar a dureza das nosas vidas. E por iso é sempre máis ou menos cáustico, e por iso encerra o contrasentido de facernos rir das cousas que deben movernos a compaixón. Así sucede nestas situacións das urxencias hospitalarias, as minicomedias que se recollen neste volume: cando as persoas estamos máis desvalidas, vencidas, doridas... Iso é o humor: un modo de ir levando o que nos supera, as derrotas que non inflixe a vida. O humor é un modo de rebelarse contra a derrota.

También te puede interesar

Cazatesoros 3 - el Pastel Infinito

Cazatesoros 3 - el Pastel Infinito

Martin, Enrique Carlos

¡Que empiece la caza del tesoro con Chicha y Tifón! El Pastel Infinito está en juego. Chicha y Tifón están de vuelta con una misión de lo más dulce. Lo que parecía un día cualquiera en Isla Ballena pronto se convierte en una misión repleta de sorpresas. Junto a la capitana Barbayaya y Remo, su fiel pulpo, los Cazatesoros están listos para enfrentarse a cualquier desafío. Su nue...

9,95 €

Marina Sirena 2 - el Corazon de Isla Coral

Marina Sirena 2 - el Corazon de Isla Coral

San Luis, Selpide

¿Qué pasaría si un día descubres que puedes convertirte en una sirena? Marina es una niña normal que acaba de llegar a Isla Coral. Lo que no sabe es que ¡su vida está a punto de cambiar! Tiene un cole nuevo, amigos nuevos y ¿una cola de sirena? Junto a la princesa sirena Niebla y con sus nuevos poderes mágicos, Marina descubre un universo bajo el mar donde la esperan grandes av...

10,95 €

Patio 3, los. El Enigma del Concurso Imposible

Patio 3, los. El Enigma del Concurso Imposible

Morato Garcia, Anna

¡Resuelve el misterio y ponte al mando de tus emociones! Un grupo de amigos, Los P.A.T.I.O., investigan lo que ocurre a su alrededor. Juntos, se adentrarán en casos llenos de misterio, emoción y mucho ingenio. ¡Alguien está saboteando el concurso de la clase de inglés! Óscar, Paula, Alba e Isaac tendrán que seguir las pistas y sospechosos para resolver el misterio, mientras ap...

13,95 €

Iris y Luna: Cuidadoras de Cachorritos Magicos 7 - unas Clas

Iris y Luna: Cuidadoras de Cachorritos Magicos 7 - unas Clas

Quiron, Aurora

¿Qué hay mejor que un unicornio? ¡Un bebé unicornio! ¿Y mejor que un cachorrito? ¡Un cachorrito mágico! Únete a las mejores amigas Iris y Luna, cuidadoras de cachorritos mágicos. Iris y Luna son como el día y la noche. A Iris le gustan los arcoíris y a Luna, las tormentas. Sin embargo, eso no les ha impedido convertirse en las mejores amigas. En la escuela Magia Potagia se lo p...

10,95 €

Cazamisterios 11, los - el Caso de la Fiesta de Disfraces

Cazamisterios 11, los - el Caso de la Fiesta de Disfraces

Garcia-Rojo, Patricia

¡Resuelve los casos más divertidos con los hermanos Misterio! Cuando sus padres no están, siempre les pasan cosas raras a Ulises, Nora y Bruno Misterio. Cosas muy muy raras. Por suerte tienen a Bobo, un perro que habla y al que, cuando encuentra una pista, ¡le pita la nariz! En busca de la liga de villanos, los Cazamisterios llegan a un pueblo donde se celebra Halloween ¡con un...

10,95 €

Jardin Magico de las Pequeflores, el. Flores en Apuros!

Jardin Magico de las Pequeflores, el. Flores en Apuros!

Oro, Begoña

Una nueva colección de Begoña Oro llena de naturaleza, amistad y magia. Las pequeflores viven en el jardín mágico de Nata, una pequepersona muy simpática, y su gatita Fresa. Allí te esperan para vivir juntos grandes aventuras. En este primer volumen, Margarita y Diente de León tendrán que enfrentarse al conejo malo, pero con la ayuda de Nata y Fresa, y de su amiga Vainilla, co...

10,95 €

Otros libros del autor

Trece Badaladas

Trece Badaladas

De Toro, Suso (Autor / A)

Unha escritora ten dificultades para entrevistarse co director dunha productora de cine e coñecer a súa opinión sobre un guión que lle presentara. Cando finalmente o consegue, averigua que o seu texto nunca lle fora entregado ao productor, quen identificará no argumento daquela historia de sombras unha ameaza que lle resulta moi próxima a súa vida. A investigación dese enigma i...

25,95 €

Polaroid (Edicion Xxv Aniversario)

Polaroid (Edicion Xxv Aniversario)

De Toro, Suso (Autor / A)

Polaroid de Suso de Toro bateu coma un lóstrego na narrativa galega da década dos oitenta, axudando de forma decisiva a reorientala nos vieiros da modernidade. Publicado por vez primeira en 1986, dentro da colección XERAIS NARRATIVA, recibiu dende entón, un grande apoio dos lectores novos, que viron neste libro perturbardor unha referencia case xeracional. Vinte anos depois, es...

36,00 €

Calzados Lola

Calzados Lola

De Toro, Suso (Autor / A)

Calzados Lola é un relato mítico de iniciación no que o heroe, tamén a heroína, teñen que andar un camiño para gañar un coñecemento: quen son eles verdadeiramente, a través de coñecer a súa historia familiar oculta. En Calzados Lola relátanse varias investigacións: a do desfalco dunha empresa, a dun pasado familiar, a de como construímos a nosa identidade. Varias historias cont...

25,50 €

Polaroid

Polaroid

De Toro, Suso (Autor / A)

Polaroid é un libro de narracións que enlaza tanto coa cultura underground dos anos setenta como co tempo da cultura pop, da produción de obxectos industriais de consumo en serie, do tempo dos medios de comunicación audiovisuais e da cultura da música pop anglosaxona. Mais tamén é un libro que trata das linguaxes, da lingua e os seus diversos niveis e usos; que xoga e experime...

18,50 €

Tic-Tac

Tic-Tac

De Toro, Suso (Autor / A)

Xa van dez anos dende que se publicara Tic-Tac por primeira vez, unha obra que o seu autor, Suso de Toro, definiu entón nalgunha entrevista cos epítetos perturbadora , patética e sinistra, e que supuxo un terremoto nas axitadas augas literarias galegas. A presente de Xerais, é a edición definitiva, revisada polo autor, dun texto que se converteu en clásico contemporán...

25,95 €

Non Volvas

Non Volvas

De Toro, Suso (Autor / A)

A nova e agardada novela de Suso de Toro, despois da grande acollida de Calzados Lola, Non volvas recupera a historia dunha muller que abandona a súa vida na cidade reclamada polo seu pasado e volve ao lugar que lle está prohibido, a aldea da súa infancia onde súa nai lle pediu que non volvese. Fóra da súa vida e fóra do tempo pisa con paso fantasmal un lugar de sombras, unha a...

20,50 €