Tempo Novo
Neira Vilas, Xosé Santiago
Tras chegar a Cuba en 1961, Xosé Neira Vilas involucrouse activamente no proceso de transformación social do país, onde descobre a forte pegada da emigración galega, a partir da que ficciona os personaxes que lle son próximos. En Tempo Novo ambienta os seus relatos neste período de cambio que se opera na illa tras a Revolución de 1953, onde nos achega o desarraigamento dos gale...
Sinopsis
Tras chegar a Cuba en 1961, Xosé Neira Vilas involucrouse activamente no proceso de transformación social do país, onde descobre a forte pegada da emigración galega, a partir da que ficciona os personaxes que lle son próximos. En Tempo Novo ambienta os seus relatos neste período de cambio que se opera na illa tras a Revolución de 1953, onde nos achega o desarraigamento dos galegos e as súas esperanzas nos cambios sociais que se estaban a operar, de par que nos ofrece notables retratos e descricións de escenas e costumes que teñen que ver cos galegos emigrados, en palabras de Luís Seoane, entre os que destaca a imaxe da muller galega, comprometida e implicada no convulso proceso histórico cubano, que se afasta da imaxe tradicional asentada na literatura daquel tempo.
Comentarios
Sé el primero en comentar este libroTambién te puede interesar
Otros libros del autor