Un Paseo Polo Parque
Brownw, Anthony
Mentres Mancha e Carlos xogan no parque cos seus cans, os seus pais ignóranse en cadanseu extremo do banco. Un clásico de 1977 sobre un tema sempre actual: a incomunicación entre os adultos fronte á espontaneidade dos rapaces. Un paseo polo parque comeza como dúas historias paralelas que se unen grazas á naturalidade e á inocencia coa que dous nenos e os seus cans traban amiza...
Sinopsis
Mentres Mancha e Carlos xogan no parque cos seus cans, os seus pais ignóranse en cadanseu extremo do banco. Un clásico de 1977 sobre un tema sempre actual: a incomunicación entre os adultos fronte á espontaneidade dos rapaces. Un paseo polo parque comeza como dúas historias paralelas que se unen grazas á naturalidade e á inocencia coa que dous nenos e os seus cans traban amizade no parque, mentres o pai de Mancha e a nai de Carlos non se falan nin se miran ata a hora de voltaren todos ás súas respectivas casas. A incomunicación e o individualismo dos adultos quedan confrontados coa interacción progresiva dos rapaces e mais coa absoluta liberdade coa que actúan as súas mascotas. O máis chamativo de Un paseo polo parque -un dos primeiros libros infantís de Anthony Browne- é que cómpre fixarse ben nas ilustracións, cheas de detalles alleos ao relato: dende referencias culturais como a homenaxe ao cadro His masters voice de Barraud, ás figuras de Tarzán e Charlot, ou á Estatua da Liberdade ata brincadeiras de diversión como sombras, troncos ou patas de banco con forma humana pasando por estraños personaxes que transitan por un enigmático bosque.
Comentarios
Sé el primero en comentar este libroArtículos relacionados
Otros libros del autor