Un Pesadelo no Meu Armario
Mayer, Mercer
No meu armario había un pesadelo. Antes de deitarme, sempre cerraba a porta do armario. Tiña medo de virarme e mirar. Metido na cama, ás veces atrevíame a botar unha ollada. Unha noite decidín librarme do meu pesadelo para sempre... Un pesadelo no meu armario trata sobre o medo infantil narrado en primeira persoa, cunha gran dose de humor e de tenrura. O neno protagonista do co...
Sinopsis
No meu armario había un pesadelo. Antes de deitarme, sempre cerraba a porta do armario. Tiña medo de virarme e mirar. Metido na cama, ás veces atrevíame a botar unha ollada. Unha noite decidín librarme do meu pesadelo para sempre... Un pesadelo no meu armario trata sobre o medo infantil narrado en primeira persoa, cunha gran dose de humor e de tenrura. O neno protagonista do conto decide rebelarse contra os seus temores e enfrontarse ao seu pesadelo imaxinario que, ao final, non é tan temible como esperaba. As ilustracións son gravados coloreados, moi expresivos, que nos presentan un monstro doce e entrañable que, á súa vez, tamén sofre os seus propios desvelos. Un pesadelo no meu armario está especialmente indicado para os pequenos -e non tan pequenos- que seguen vendo bestas terribles ao apagar a luz polas noites.
Comentarios
Sé el primero en comentar este libroTambién te puede interesar
Otros libros del autor