Val Tan Doce e Sombrio
Fernandez Naval, Francisco X.
Cando o home enfermouela deixou a casa da cidadee regresou á aldeaá casa familiar á xaneladende a que falarcoa lúa. Estamos ante un autor que sabe poñerse ás ordes da emoción cando unha luz que chega sen previo aviso desde un algures moitas veces descoñecido lle dita o primeiro verso. O camiño que arrancou na vaga epifanía inicial vai medrando daquela arredor da libre e discipl...
Sinopsis
Cando o home enfermou
ela deixou a casa da cidade
e regresou á aldea
á casa familiar á xanela
dende a que falar
coa lúa.
Estamos ante un autor que sabe poñerse ás ordes da emoción cando unha luz que chega sen previo aviso desde un algures moitas veces descoñecido lle dita o primeiro verso. O camiño que arrancou na vaga epifanía inicial vai medrando daquela arredor da libre e disciplinada asociación das palabras ganduxando imaxes e metáforas e someténdose nun incógnito azar ás imposicións do ritmo.
Acaba chegando así trenzada cuns versos puramente espontáneos e outros procurados a golpe de oficio a música marabillosa do encontro coa verdade. E aínda que nada na poesía é absoluto o certo é que este é un libro absolutamente a favor da lembranza conmovida nado por e para unha nai que cegou dúas veces unha polo glaucoma e a outra polo cruel esquecemento.
Mais tamén unha nai que nunca perdeu nin a tenrura nin a luz. Estamos por tanto ante unha colección de poemas nos que como escribiu Eva Veiga: cada sombra é unha escada no corazón da luz.
Comentarios
Sé el primero en comentar este libroArtículos relacionados
Otros libros del autor